Sábado, 11 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 15 de Marzo de 2018 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

A Secretaria do Concello de Salceda destituída do seu posto

O PSOE vincula a marcha da secretaria do concello a diverxencias sobre a xestión municipal e pide explicacións

[Img #39712]

 

Ante a noticia de que a secretaria do concello foi destituída do seu posto, as concelleiras socialistas vinculan esta situación ás "diverxencias sobre a xestión municipal e a actuación da secretaria no pasado pleno do 23 de febreiro, avalando a petición da voceira socialista e esixindo que se cumprise a lei e o regulamento plenario".

 

Tourón arremeteu contra o "modo ditatorial de como conduce o alcalde este concello, caracterizado pola abismal falta de diálogo e por un uso e abuso do seu cargo e as súas competencias, de tal modo que, o seu proceder lle gastou unha mala pasada, ó sinalar que é a primeira vez que a secretaria do Concello informa tan claramente nun pleno de que o alcalde non preside o Pleno conforme a dereito e lle da a razón a voceira socialista”.

 

“Este proceder antidemocrático do alcalde fai retroceder á institución municipal a pasados tempos escuros, un proceder absolutamente anormal e irregular que incrementa a inseguridade xurídica do concello de Salceda” ,insiste Verónica Tourón.

 

Pola súa parte, a tamén concelleira socialista Gela Ledo, entende que o talante de Marcos Besada “denota o desprezo continuo do alcalde a un dos órganos de goberno máis importante e representativo que existe”.

 

A voceira socialista presentou o pasado 5 de marzo dous recursos de reposición relacionados co incumprimento da legalidade, xa que se constatou no Pleno que o alcalde estivo enganando á corporación e a veciñanza, como presidente, impedindo que o pleno do concello de Salceda de Caselas e a secretaria do mesmo puidesen exercer as funcións esenciais que teñen asignadas nun estado de dereito. Estes recursos aínda non foron resoltos, pero insisten en que “a marcha da secretaria non impedirá que sigamos adiante cos mesmo, porque a lei hai que cumprila”.

 

Tourón remata dicindo “que é necesario un cambio que permita un aire novo e que de fin ó esgotamento do modelo político de Besada. O alcalde é consciente de que o seu ciclo está esgotado e por iso actúa con prepotencia intentando trasladar a súa debilidade política ó conxunto da institución, prexudicando o interese xeral da cidadanía de Salceda de Caselas”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.