Martes, 25 de Noviembre de 2025

Xornal21
Jueves, 15 de Marzo de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

A cesión de Alfacuca, primeiro paso dun plan que promoverá a plena integración social das mulleres de EVD Galicia

Hoxe asinouse no Concello o documento de concesión demanial do espazo da aldea de Louredo ao centro residencial ocupacional para mulleres con discapacidade intelectual.

[Img #39731]

 

Esta mañá asinouse no Concello de Mos o documento de formalización da concesión demanial sobre o complexo Alfacuca en favor de EVD Galicia. A sinatura foi formalizada pola alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e por Leví Olivares en calidade de Director Xerente de EVD Galicia; en presencia do concelleiro de Promoción Económica, Emprego e Novas Tecnoloxías, Óscar Soto, responsable do proxecto Alfacuca.

 

A rexedora local mosense declarou que a cesión de uso de Alfacuca é tan só o primeiro paso de moitas accións máis que se emprenderán a partir de agora para promover a plena integración social das mulleres usuarias do Centro, tales coma visitas e obradoiros con escolares, apoio en labores de limpeza no Concello, acompañamento de persoas maiores a través do Servizo de Axuda no Fogar, prácticas laborais en empresas, creación dun equipo de fútbol feminino, etc. Toda unha serie de iniciativas enfocadas cara ao fin último de que estas mulleres sexan e se sintan plenamente autónomas, autosuficientes e realizadas.

 

Unha vez asinado este documento de cesión de uso do complexo Alfacuca, os membros de EVD poñeranse a traballar de inmediato para poñer en marcha a iniciativa deseñada para a aldea de Alfacuca na parroquia de Louredo e que as usuarias de EVD inicien a súa actividade no devandito contorno canto antes. O Director do centro ocupacional sito en Petelos, Leví Olivares, manifestou hoxe a intención de EVD de que a primeira acción emprendida en Alfacuca estea enfocada de cara á vindeira Festa da Rosa que se celebrará no mes de xuño. Podería tratarse da plantación de rosais para a producción de diferentes especies de rosas nos invernadoiros que existen instalados na aldea ou algunha outra iniciativa aínda por definir.

 

“Como está próxima a primavera e tamén a Festa da Rosa, queremos que a nosa primeira acción pública estea relacionada e organizada con motivo da principal celebración municipal”, declarou Olivares.

 

O Pleno da Corporación Municipal do Concello de Mos aprobou na sesión ordinaria do pasado 28 de xaneiro por unanimidade dos seus membros, a concesión demanial para uso privativo da Aldea Alfacuca, situada na parroquia mosense de Louredo, por parte de EVD Galicia.

 

Esta aprobación implica a cesión dos bens integrantes do Complexo Alfacuca a favor de EVD Galicia, pola cal o centro residencial ocupacional, entidade sen ánimo de lucro que traballa pola dignidade e acompañamento de mulleres con discapacidade intelectual, levará a cabo o proxecto de dinamización da aldea que leva por título ‘Alfacuca, natureza de todos. Espazo natural de oportunidades’. Este proxecto ten como obxectivo contribuír á mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual, da súas familias e do seu entorno, promovendo o cumprimento dos seus dereitos e favorecendo a súa autonomía persoal e autodeterminación.

 

A Aldea Alfacuca, rehabililitada durante diversos obradoiros municipais de emprego, e sita na parroquia de Louredo, cédeselle mediante este acordo de concesión directa a EVD Galicia, para que a asociación traballe nas instalacións a prol da defensa e mellora das condicións de vida, do fomento do desenvovemento cultural e social, da potenciación dos principios de solidariedade, igualdade, xustiza e liberdade, e promoción do dereito á saúde das persoas con discapacidade. No centro de Petelos das EVD viven 80 mulleres que diariamente esfórzanse por gozar dunha vida plena integrada na sociedade.

 

A concesión do uso de Alfacuca a EVD Galicia é con carácter gratuíto e terá unha duración de cinco anos, tempo durante o cal levarase a cabo un proxecto medioambiental e cultural que incluirá obradoiros e actividades con escolares e veciñanza do Concello en xeral; así como propostas de actividades e festas tradicionais.

 

Os obxectivos do proxecto presentado por EVD Galicia para Alfacuca son respectar e divulgar tanto a arquitectura tradicional existente como o medio natural, manter a contorna da aldea potenciado a flora e cultivos tradicionais, facer das casas tradicionais da aldea, espazos de traballo e lecer comunitario; sensibilizar sobre as diferentes capacidades das persoas visibilizando as tarefas realizadas por persoas con discapacidade e facéndoas encargadas de liderar e dinamizar as actividades; e xerar oportunidades en comunidade para as persoas con discapacidade intelectual.

 

O proxecto de EVD Galicia para Alfacuca trata de aproveitar os recursos existentes na zona e acondicionalos para facer da aldea un lugar de lecer. Nel están contempladas diversas accións para atraer visitantes, tales coma talleres, zonas axardinadas, actividades para escolares, etc. Todo respectando e preservando tanto a tipoloxía arquitectónica da aldea coma o entorno natural. As actividades estarán orientadas a tódolos públicos e pretenderase que a Aldea Alfacuca sexa un espazo de participación, autoxestión, creatividade e tamén un lugar de encontro intercultural e interxeracional, a través de experiencias enmarcadas no ámbito rural e en contacto coa natureza. Búscase, deste xeito, ofrecer aos visitantes un espazo no que disfrutar de actividades lúdicas, educativas, sociais, culturais, de ocio e tempo libre, preservando en todo momento o privilexiado marco natural e rural no que se enmarca Alfacuca.

 

O invernadoiro e as parcelas existentes en Alfacuca utilizaranse para facer talleres de xardinería ecolóxica. Por outra banda tamén se realizarán talleres de alimentación coma de elaboración de marmeladas, pan, de repostería, etc. E levaranse a cabo outros obradoiros creativos coma os de elaboración de xabóns. Tamén se proxectan posibles charlas, coloquios, exposicións, etc.

 

Por último o gran espazo de xardín de Alfacuca adicarase a unha zona de lecer na que se revivirán e recuperarán os xogos tradicionais que actualmente, na actual era tecnolóxica, atópanse esquecidos e en desuso. E tamén neste espazo prantaranse árbores froiteiras.

 

Todo elo para que as persoas que visiten ou participen en Alfacuca atopen á súa chegada un lugar con encanto, un lugar para o descanso e para pasear ao longo e ancho do seu entorno natural.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.158

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.