GALICIA
O Goberno Galego pon en marcha a estratexia para impulsar os contidos dixitais
A filosofía fundamental deste plan, cun investimento de máis de 13 millóns de euros ata 2020, é a colaboración entre entidades do ámbito público e privado.
![[Img #39785]](upload/img/periodico/img_39785.jpg)
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou esta semana a posta en marcha da estratexia para impulsar os contidos dixitais e configurar un sector na comunidade máis potente e competitivo, un sector que, neste momento, aglutina en torno a 900 empresas con preto de 5.400 empregados.
Feijóo explicou que este plan define actuacións en tres eixos: o desenvolvemento de proxectos tractores, o reforzo do capital humano e o fomento da competitividade dixital. No tocante ao primeiro eixo, precisou que o obxectivo é impulsar desde a Administración autonómica iniciativas en diferentes ámbitos que, ademais de dar resposta a demandas concretas, busquen ter un efecto de estímulo para o sector.
Así, un dos máis importantes será a colaboración prevista coa CRTVG para incorporar tendencias interactivas nas súas emisións, avanzando no posicionamento da televisión pública autonómica nos novos hábitos de consumo.
Para elo, incorporaranse á experiencia de usuario novidades como: as segundas pantallas con contidos de realidade aumentada e realidade virtual para dispositivos móbiles, sincronizados con programas que se emiten na actualidade; empregaranse modelos de análise de datos, baseados en técnicas de Big Data, para crear canles multimedia adaptados aos comportamentos da audiencia; e crearase unha canle temática interactiva capaz de albergar e producir produtos audiovisuais para o ámbito educativo, como complemento para o Programa Abalar.
Neste mesmo eido, o presidente da Xunta destacou ademais outras iniciativas como crear un centro de produción de contidos dixitais que poidan servir aos sectores que os requiran. Así mesmo, dentro da iniciativa de Memoria Dixital, apostarase pola aplicación da innovación tecnolóxica a todo o ciclo de vida de preservación, xestión e promoción do patrimonio cultural galego.
Este plan define actuacións en tres eixos: o desenvolvemento de proxectos tractores, o reforzo do capital humano e o fomento da competitividade dixital
Sobre o segundo eixo de actuacións, dirixido a facilitar e mellorar a formación do capital humano vinculado ao sector dos contidos dixitais, cómpre resaltar dúas liñas de actuación: a creación dun programa de bolsas para prácticas non laborais, que permita orientar ás novas xeracións que se forman nesta disciplina; e un programa de formación específica para directivos para construír un perfil directivo no sector que manexe o dixital desde un punto de vista estratéxico.
Finalmente, e co fin de buscar unha maior competitividade dixital, estableceranse colaboracións entre empresas, que permitan abordar retos tecnolóxicos e definir novos contidos audiovisuais que poidan rendibilizarse noutros mercados.
Neste eido, poñerase en marcha unha aceleradora de contidos dixitais, na que unha empresa tractora presentará retos e demandas ao sector para súa resolución. Así mesmo, aprobarase un programa de acompañamento ás pemes do sector dos contidos dixitais, que presentará un catálogo de servizos que permita ás empresas deste perfil a incorporación ao seu proceso produtivo de novas tendencias tecnolóxicas.
Feijóo concluíu aseverando que, cun investimento de máis de 13 millóns de euros ata 2020, bota andar un plan cunha filosofía fundamental que é a colaboración entre entidades do ámbito público e do ámbito privado; e co obxectivo claro de crear contidos dixitais que impulsen o sector tecnolóxico pero que, sobre todo, permitan dixitalizar tamén outros sectores económicos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149