GALICIA
Sanidade, protección de datos e o caso Volkswagen centran a actualidade da UCGAL no Día dos Consumidores
Este 15 de marzo celebrouse o Día Mundial dos Dereitos do Consumidor, o lema da campaña deste ano tivo como centro os mercados dixitais dada a grande expansión que tiveron nos últimos anos e os desafíos que representan tanto para as persoas consumidoras como para as entidades que velan polos seus dereitos.
Nesta data tan sinalada, UCGAL quere poñer o foco en tres cuestións cuxos efectos sobre o conxunto dos galegos e galegas está por determinar pero xa teñen impacto na nosa comunidade autónoma.
Privacidade e protección de datos
Na contorna dixital as relacións entre as liberdades e a seguridade; e as estratexias comerciais e de xestión non están exentas de tensións, UCGAL considera que os grandes retos que afrontan as persoas consumidoras na era dixital están relacionados coa xestión e salvagarda da privacidade e a protección dos datos de carácter persoal. Por este motivo impulsou en colaboración coa Asociación de Internautas e a Asociación Pro Derechos Civiles Económicos y Sociales (ADECES) a Plataforma pola Seguridade e a Privacidade Dixital – PSPD, unha plataforma interasociativa de carácter aberto, centrada en tratar temas relacionados coa seguridade e a privacidade dixital.
A actualidade do caso Volkswagen
Seguimos pendentes da evolución do caso, para esta asociación resulta escandalosa a inoperancia das autoridades estatais á hora de protexer os intereses das persoas consumidoras propietarias dun vehículo do grupo alemán que conte co software que altera as emisións de NOx.
A tenor das noticias publicadas recentemente sobre a situación dos vehículos co mesmo problema matriculados en Portugal e a obrigatoriedade de acudir a realizar a intervención nese país, UCGAL considera que este cambio na normativa do país veciño pode ter impacto nos consumidores que viaxen a Portugal cun vehículo que non se sometera á revisión proposta pola marca. Esta situación xera dúbidas e a UCGAL considera que a administración debería facer as pertinentes averiguacións para valorar o alcance e consecuencias desta medida nos consumidores galegos.
Consello Galego de Saúde
Un dos eidos onde UCGAL desenvolve accións e no que traballa para dar visibilidade ás reivindicacións das persoas consumidoras e usuarias é o da sanidade. Por iso, asiste con crecente preocupación ós movementos lexislativos que crean incerteza sobre o acceso das asociacións de consumidores ós espazos, ámbitos e foros de decisión nos que defenden e velan polos dereitos das galegas e galegos.
As modificacións previstas na Lei Galega de Saúde eliminan do texto a garantía de participación das organizacións de consumidores no Consello Galego de Saúde. Á espera do posterior desenvolvemento, a redacción é tan vaga que a esta entidade lle preocupa que a lei non recolla expresamente, como o facía ata agora, a participación das asociacións de consumidores, axentes sociais representativos que serven de canle das reivindicacións do conxunto da cidadanía.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149