GALICIA
UGT e CCOO chaman á cidadanía a saír mañá ás rúas das cidades e vilas galegas para demandar pensións dignas
Ambos sindicatos, en confluencia con outras organizacións, convocaron 13 mobilizacións en Galicia pola recuperación do poder adquisitivo das pensións e contra a miserable suba do 0,25%.
Pensionistas e xubilados do S.N. de CCOO de Galicia e de UGT-Galicia convocan para mañá, día 17 de marzo, mobilizacións na Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense (á que asistirán os secretarios xerais de UGT e CCOO), Pontevedra, Vigo, Vilagarcía, Viveiro, Foz, Ribeira, O Grove e O Barco de Valdeorras. Nestas protestas confluirán con outras organizacións, nomeadamente asociacións de persoas pensionistas, para demandar prestacións dignas, demandar a recuperación do poder adquisitivo das pensións e denunciar a miserable e irrisoria suba do 0,25%.
Estas mobilizacións enmárcanse nunha campaña de ámbito estatal, que xa comezou en setembro de 2017 coas marchas polas pensións dignas, e que será sostida e crecente mentres o Goberno non mude a súa postura en relación ás pensións dos xubilados deste país.
Ambos sindicatos denuncian que as pensións perden poder adquisitivo e só se revalorizan un 0,25%, en cambio, todo sube, de feito, os prezos xa se sitúan este ano nunha media interanual do1,1%.
UGT e CCOO denuncian que a pensión media sitúase en 788,49 euros en Galicia (918 euros no Estado) e que o 64% das pensións galegas non chega ao SMI.
Neste contexto, non se pode esquecer que as pensións son a fonte de ingreso de máis de nove millóns de persoas e que nos peores momentos da crise catro de cada dez pensións contribuíron a soster ao núcleo familiar.
CCOO e UGT consideran que o Goberno debe garantir xa o poder adquisitivo das pensións; erradicar o déficit da Seguridade Social e garantir o presente e futuro das pensións e do sistema público.
Ambos sindicatos denuncian a actitude do Goberno que bloquea o diálogo social e non atende as demandas sindicais nin as iniciativas aprobadas no Parlamento para garantir o poder adquisitivo das pensións e derrogar a reforma de 2013.
UGT e CCOO insisten en chamar á cidadanía galega a saír mañá ás rúas das súas vilas ou cidades porque urxe asegurar a viabilidade do sistema de pensións e non se pode permitir que o Goberno continúe esgotando o fondo de reserva e recorra a un indebido endebedamento da Seguridade Social.
Porque hai que eliminar as subvencións con cargo á Seguridade Social, cuxo custe debe asumir o Estado; porque hai que conseguir que os gastos do sistema se paguen como o resto dos organismos públicos, cos Orzamentos Xerais do Estado e non con cotizacións; porque hai que destopar as cotizacións; e porque hai que mellorar os ingresos do sistema, tanto os derivados de cotizacións como de ingresos fiscais.
Resulta fundamental protestar contra o empobrecemento duns pensionistas que perden poder adquisitivo por segundo ano consecutivo e esixir un modelo público de pensións eficaz e eficiente que é incompatible coa reforma aprobada polo Partido Popular en 2013.
As medidas impostas polo Goberno do PP nos afectan a todos, xa que o índice de revalorización e o factor de sustentabilidade supoñen a curto e medio prazo un recorte das pensións presentes e futuras e aféctannos a todos.
Por todo isto, porque nos afecta a todos, CCOO e UGT chaman á cidadanía galega no seu conxunto a participar nas mobilizacións convocadas pola recuperación do poder adquisitivo das pensións; pola revalorización das pensións segundo o IPC; pola defensa dun sistema público de pensións digno e sostible; e pola derrogación da reforma imposta polo Goberno no 2013 e a recuperación do diálogo.
CIDADE
HORA
LUGAR
A CORUÑA
12:00
Obelisco (concentración)
FERROL
12:00
Cantón (concentración)
SANTIAGO
12:00
Praza de Cervantes (concentración)
LUGO
12:30
Edificio da Xunta (manifestación)
OURENSE
12:00
Praza Maior (manifestación)
PONTEVEDRA
11:00
Praza de España (concentración)
VIGO
12:00
Marco (manifestación)
VILAGARCÍA
12:00
Concello (concentración)
VIVEIRO
12:00
Concello (concentración)
FOZ
12:00
Concello (concentración)
RIBEIRA
12:00
Concello (concentración)
O GROVE
11:30
Concello (concentración)
O BARCO

|
CIDADE |
HORA |
LUGAR |
|
A CORUÑA |
12:00 |
Obelisco (concentración) |
|
FERROL |
12:00 |
Cantón (concentración) |
|
SANTIAGO |
12:00 |
Praza de Cervantes (concentración) |
|
LUGO |
12:30 |
Edificio da Xunta (manifestación) |
|
OURENSE |
12:00 |
Praza Maior (manifestación) |
|
PONTEVEDRA |
11:00 |
Praza de España (concentración) |
|
VIGO |
12:00 |
Marco (manifestación) |
|
VILAGARCÍA |
12:00 |
Concello (concentración) |
|
VIVEIRO |
12:00 |
Concello (concentración) |
|
FOZ |
12:00 |
Concello (concentración)
|
|
RIBEIRA |
12:00 |
Concello (concentración) |
|
O GROVE |
11:30 |
Concello (concentración) |
|
O BARCO |
12:00 |
Concello (concentración) |
|
FOZ |
12:00 |
Concello (concentración) |

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149