Baiona
Ángel Rodal ileso tras sufrir un accidente en Portugal
![[Img #39793]](upload/img/periodico/img_39793.jpg)
No día de hoxe o alcalde de Baiona, A Rodal, e Maria del Carmen Paredes, concelleira de Igualdade, e varios ocupantes do vehículo no que viaxaban sufriron un aparatoso accidente á altura de Leiría (Portugal) no que se viron implicados 7 vehículos, cando se dirixía aos actos oficiais que terían lugar durante este fin de semana en Palos de la Frontera (Huelva), pobo hermanado coa Real Vila.
Con todo o aparatoso do accidente ningún dos ocupantes sufriu danos graves, excepto Mari Carmen Paredes que posiblemente teña unha fractura de boneca segundo información directa do Alcalde Anxo Rodal que en todo momento está a acompañar á súa compañeira nestas horas tan angustiosas.
Por este motivo e con gran pesar Rodal vese obrigado a cancelar a súa intervención no acto de Palos de la Frontera. Regresando de inmediato coa súa compañeira para que poidan seguir atendéndoa xa en España. Pedindo desculpas de antemán por esta situación inesperada.
O Alcalde xa se puxo en contacto telefónico con Carmelo Romeu Hernández, Alcalde de Palos de la Frontera para ser o mesmo quen lle informe da situación, e desculparse pola súa ausencia desexándolle todo o mellor para o seu 525 aniversario do descubrimento. Aínda que el non poida asistir ao acto, ao cal ía con gran ilusión representando a todas e todos os veciños e veciñas de Baiona, sabe que conta co seu compañeiro de equipo de goberno, Raúl Costas Lafuente, concelleira de Actividades Marítimas, que xa se atopa en terras andaluzas o cal se encargará da representación da Vila e dos baioneses e baionesas.
Así mesmo, tamén viaxan á localidade irmá para actuar na XVIII Feira do Descubrimento o Grupo de Gaitas A Seneira e a Escola de Danza Vila de Baiona que seguro deixasen pegada en Andalucía coas súas actuacións levando ben alto e con tremendo orgullo o nome de Baiona.
Angel Rodal quere agradecer todas as chamadas e mensaxes que está a recibir de afecto e de agarimo nestes momentos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163