Domingo, 14 de Diciembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 20 de Marzo de 2018 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O PP valora de xeito negativo a contratación de limpeza viaria

[Img #39798]

 

O grupo municipal do Partido Popular do Porriño valora negativamente a aprobación do sistema de xestión indirecta da limpeza viaria municipal mediante a concesión do servizo público e o inicio do correspondente expediente de contratación propostos pola coalición PSOE-UDDL e respaldados polos grupos EU SON, BNG e Non Adscritos. Servizo cuxa dotación orzamentaria e estudo realizado ascende a 526.470,28€.

Os populares recriminan ao Goberno Municipal, e ao resto dos grupos da oposición “como co-responsables, a absoluta irresposabilidade que supón o acordo e a falta de honestidade coa veciñanza que demostra a posta en escena plenaria coa que o executivo pretende cubrir a realidade”.

“Proba do mesmo son as tres licitacións publicadas polo goberno que preside Eva García, que abranguen o desbroces de camiños veciñais, a limpeza viaria do casco urbano e Torneiros os fins de semana e festivos e o mantemento de zonas verdes por un importe total 600.478,59 euros (IVE incluído)” explican.

O PP asegura “a licitación dos desbroces de camiños é inviable”, a entender do grupo municpal do PP polas “máis que sospeitosa, das condicións impostas dende o Concello para a adxudicación”.

Explican “a inxustificable cifra pola que se pretende contratar este servizo, que se evidencia ao contrastar cos concellos veciños. como exemplo, o Concello de Mos que o fai por 133.600 euros ou o de Tui licita a limpeza viaria por 174.283 euros”.

Dende o PP do Porriño destacan tamén “a ausencia de informes técnicos, que solicitara este grupo, sobre os contratos de desbroces de camiños e limpeza viaria de casco urbano e Torneiros”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.