PONTEAREAS
Ponrteareas celebrou o I Salón de Vodas esta find e semana
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas felicita aos organizadores e participantes polo alto nivel acadado, pola "calidade dos stands e a alta afluencia de público".
![[Img #39839]](upload/img/periodico/img_39839.jpg)
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas, que dirixe a socialista Inés Vidal, quere dar os parabéns a todos os participantes no I Salón de Vodas, Bautizos e Comunións celebrado no pavillón municipal Álvaro Pino onte domingo.
A concelleira destaca o alto nivel dos expositores, a grande afluencia de público e a boa organización do evento facendo que todos os participantes agarden xa por unha nova edición.
Nesta primeira cita co sector dos eventos e celebracións os asistentes puideron atopar asesoramento e información de todo o preciso á hora de organizar unha voda, unha comunión ou un bautizo, entre outros tipos de homenaxes.
Stands de maquillaxe, perruquería, calzados, roupa, personal weeding, animación, música, fotografía e vídeo, estilismo, estética, propostas gastronómicas… nesta primeira edición non faltou detalle.
Actuacións musicais e de baile e tres desfiles de moda completaron o programa deste primeiro salón de vodas.
“Debo felicitar aos organizadores e participantes pola súa boa disposición e profesionalidade convertendo a xornada de onte nun éxito e nunha oportunidade única de facer negocio. A pesar de ser a primeira edición todos os stands estaban á altura de calquera grande feira xa asentada sendo exemplo das gañas e do bo traballo que se fai dende o comercio de Ponteareas”.
Inés Vidal explica que grazas a iniciativas como a de onte dase a coñecer todo o potencial de negocio que existe na comarca e que ofrece ao cliente servizos de calidade e amplitude de oferta a prezos competitivos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191