Jueves, 15 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 21 de Marzo de 2018 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

O goberno de Ponteareas convoca unha reunión para a loita contra a vespa velutina

O goberno entregará trampas para capturar as raíñas e evitar que medre a poboación de vespa velutina.

O goberno de Ponteareas, a través das concellerías de Medio Ambiente e Medio Rural, a cargo do alcalde, Xosé Represas e do concelleiro, Manuel Troncoso, convocan para o vindeiro sábado, ás 16:30 da tarde unha reunión con apicultores e aberta a toda a cidadanía para frear a praga da vespa velutina. A reunión celebrarase na sala multiusos do auditorio e contará coa participación dun técnico da Asociación Galega de Apicultura así como de apicultores locais.

 

O Alcalde resalta a necesidade de traballar de xeito coordinado neste intre no que a vespa velutina inicia a construción dos niños primarios, os provisionais. O rexedor local explica que este é o momento propicio para capturar as vespas raíñas fundadoras para frear a propagación da praga, cantas máis se eliminen menos vespas velutinas haberá no verán.

 

Para lograr este obxectivo de redución de niños de vespa velutina, o concello comezará a entrega de trampas para a caputura de raíñas ao remate da reunión do vindeiro sábado. Estas serán entregadas aos apicultores e veciños que voluntariamente se comprometan a participar. Todas as trampas estarán identificadas co logo do Concello de Pontearas e serán numeradas para a súa identificación e control posterior de resultados. As persoas que voluntariamente se presten a colaborar co Concello nesta tarefa recibirán as indicacións necesarias e cada 15 días, durante os vindeiros 3 meses, renovarán o líquido das trampas e controlaranse as raíñas capturadas.

 

 

 

 

O Alcalde e o concelleiro de Medio Rural critican a pasividade do goberno da Xunta

 

 

 

 

As trampas serán distribuídas polos lugares máis vulnerables do concello como son os apiarios, os viñedos e as zonas con frutais ou os cauces fluviais. Represas indicou que as trampas utilizan atraintes autorizados para respectar ao máximo o resto das especies.

 

O Concelleiro de Medio Rural, Manuel Troncoso, criticou a pasividade e deixadez da Xunta de Galicia, nun asunto que é da súa competencia e citou os casos doutras comunidades autónomas como Cantabria no que si se implican e realizan un programa de prevencia a diferencia do goberno de Feijoo.

 

Dende o goberno local consideran necesario unha planificación das actuacións, cando menos a nivel comarcal para ser máis efectivos nesta loita.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.