Miércoles, 26 de Noviembre de 2025

Xornal21
Domingo, 25 de Marzo de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

O BNG critica os 619.600 euros "en facturas atrasadas"

No pleno deste mes hai un punto na orde do día que é a aprobación do recoñecemento extraxudicial de crédito nº 3/2018. "Este é un acto que se fai cando hai que aprobar facturas atrasadas, que son de anos distintos ao actual, e que non se puideron aprobar por falla de orzamento ou por non seguir o procedemento adecuado. Normalmente se ven facendo por cantidades non moi grandes, pero a deste pleno demostra que o desastre económico deste concello continúa" explican dende o BNG nun comunicado de prensa.

 

"Mediante os votos positivos de PP , aprobarase este recoñecemento de facturas, que suman a cantidade nada desdeñable de 619.609 euros. Non moi lonxe do record do ano 2015 onde se aprobaran case un millón de euros" indican os nacionalistas engadindo que "de continuo intervención do concello avisa de que se están incumplindo e saltando as normas, que cando se realiza o gasto non hai orzamento suficiente e que deben reducir os gastos innecesarios".

 

"Levar este enorme número de facturas, deixa ver o nefasto control económico dos gobernantes do concello, que presumen de ter mellorado a economía municipal pero queda claro que é só propaganda. Esta práctica xa se ten dado en anos anteriores . Esto é o que se chama limpar os caixóns das facturas acumuladas" rematan dende o BNG

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.106

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.