VIGO
As escaleiras mecánicas de II República xa unen a Porta do Sol co Campo de Granada de Vigo
O alcalde inaugurou este xoves as escaleiras mecánicas de II República, primeira obra completada en España grazas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) a través do programa Edusi (Desarrollo Urbano Sostenible). "Son o símbolo do que estamos a facer por Vigo", sinalou Abel Caballero.
![[Img #39976]](upload/img/periodico/img_39976.jpg)
A segunda fase das escaleiras mecánicas da rúa II República quedaron inauguradas este xoves para completar o obxectivo da mellora de accesibilidade peonil entre a Porta do Sol e Abeleira Menéndez. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, procedeu á posta en marcha das cintas transportadoras xunto aos tenentes de alcalde, Carmela Silva e David Regades.
"Estamos ante unha obra de importancia capital, é a incorporación de Vigo á modernidade, o logro para salvar grandes obstáculos grazas á tecnoloxía", destacou o rexedor. A construción desta segunda fase supuxo un investimento de 1 millón de euros, de forma que o custe total da obra alcanzou os 1,818 millóns.
Caballero cualificou a actuación como "extraordinaria, xustificada e notable" e sinalou que "queremos que permaneza como un símbolo do que estamos a facer en Vigo e do que queremos seguir facendo". O alcalde indicou que a "subida imposible" entre a Porta do Sol e o Campo de Granada convértese nun modo de transporte que une dúas zonas da cidade que estaban separadas.
O obra das escaleiras de II República forma parte do proxecto Edusi (Desarrollo Urbano Sostenible) "Unha maneira de facer Europa" que a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) concedeu un total de 15 millóns para o Vigo Vertical. "Ista é a primeira obra en España que se inaugura con fondos de Edusi, o que demostra a nosa eficiencia e a razón pola que nos concederon os proxectos", sinalou Abel Caballero.
Durante a construción desta segunda fase das escaleiras apareceron restos arqueolóxicos, una parte da antiga muralla da cidade e unha mina de auga que foi preservada e descuberta mediante unha porta de cristal para poder "ver unha parte da historia da cidade".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217