GALICIA
En 2020 o 45% do consumo enerxético final en Galicia será de fontes renovables
SUPERARÁ OS OBXECTIVOS MARCADOS POLA UNIÓN EUROPEA PARA ESTA DATA E TAMÉN OS QUE BARALLA PARA 2030.
![[Img #39994]](upload/img/periodico/img_39994.jpg)
A II Feira da Enerxía de Galicia, a cal se celebra ata o hoxe na Feira Internacional de Galicia ABANCA, acolleu unha xornada centrada nas Directrices Enerxéticas de Galicia 2018-2020, organizada pola Xunta de Galicia.
No seu marco o director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, fixo un balance do sector enerxético no período 2009-2017, ao tempo que deu a coñecer algunhas cifras do sector, como que representa o 4,3% do PIB de Galicia e xera 10.000 postos de traballo directos e 22.000 indirectos, o que o converte nun sector cun considerable valor estratéxico. Así mesmo, expuxo as tres liñas nas que se centrarán as Directrices Enerxéticas da Administración galega 2018-2020, que son a evolución que terán as enerxías renovables no período, como diminuír o consumo enerxético e tamén a evolución do denominado combustible de transición, o gas natural.
Neste sentido, o director xeral indicou o impacto que terán as directrices en Galicia, destacando que, ata 2020, a inversión será de 3.141 millóns de euros e se crearán máis de 12.000 postos de traballo. Ao mesmo tempo, aforraranse ao redor de 150 millóns anuais.
Así mesmo, explicou que o 84% do consumo de electricidade e o 34% do consumo en calefacción e refrixeración virá de fontes renovables e que a biomasa representará o 35% do consumo de combustibles utilizados para uso térmico. O 82% da poboación de Galicia terá acceso ao gas e reduciranse as emisións de CO2 en 4 millóns de toneladas ao longo do período.
Con todo elo, Bernardo Tahoces indicou que en 2020 o 45% do consumo enerxético final en Galicia será de fontes renovables, o que supón superar os obxectivos establecidos pola Unión Europea para ese ano e tamén os que se barallan para 2030.
Plans de inversión na industria
Por outra banda, esta xornada, moderada polo director do Departamento de Enerxía e Planificación Enerxética do INEGA, Emérito Freire, contou coa intervención de seis destacadas empresas do sector que explicaron os seus plans de inversión en Galicia neste período.
Así, participaron Gas Natural Fenosa, coa presenza do director de Distribución de Electricidade de Galicia, Julio Gonzalo García; Repsol, coa intervención do director de Enxeñería e Desenvolvemento de C.I na Coruña, Ricardo Santos; e Endesa, sendo o seu portavoz Miguel Temboury, director territorial da zona noroeste. Tamén interviron o delegado en Galicia de Iberdrola, Francisco Silva, e os directores xerais de Greenalia e Reganosa, Manuel García e Emilio Bruquetas, respectivamente.
Eficiencia enerxética
O aforro e a eficiencia enerxética no ámbito local e na industria do futuro centraron dúas xornadas organizadas tamén hoxe polo Instituto Enerxético de Galicia.
As claves para o aforro enerxético municipal, a eficiencia enerxética en iluminación pública exterior, os beneficios do autoconsumo eléctrico en Galicia, a financiación de proxectos de aforro enerxético a través de empresas de servizos enerxéticos, as axudas para a eficiencia enerxética e enerxías renovables nos concellos e o Ecobarrio como un novo concepto de desenvolvemento urbano sostible foron os temas abordados na primeira delas.
A segunda das xornadas, sobre a economía verde, tratou o valor dos datos para ser máis eficientes na produtividade enerxética, a eficiencia e continuidade na transición enerxética desde o punto de vista da coxeración, a integración de enerxías renovables en procesos industriais, o potencial do biogás en Galicia a partir de residuos agroindustriais, os sistemas avanzados de xestión enerxética e da financiación do Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI) para proxectos de I+D+i.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149