Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Domingo, 01 de Abril de 2018 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Deputadas visitan a zona da vertedura de lindano en Ponteareas

[Img #40056]

 

O pasado venres 23 de marzo, a Coordinadora Nacional de ESQUERDA UNIDA e deputada no Parlamento de Galicia por En Marea, Eva Solla e a deputada por IU no Parlamento Europeo, Paloma López, visitaron a canteira de Parada en Xinzo, onde se produciron as verteduras de terras con lindano procedentes das obras de saneamento de O Contrasto en O Porriño. Na visita foron acompañadas por Lino Costas e Pedro Ocampo, concelleiros de EU-son en Ponteareas e O Porriño respectivamente.

 

Nesta zona contaminada reuníronse con membros da Xunta Directiva da traída de augas de Parada-Rocha, que explicaron ás deputadas os pormenores das súas actuacións para garantir a non contaminación das augas destinadas ao abastecemento desde que se detectou a vertedura de lindano.

 

Posteriormente, a xuntanza foi con membros da asociación ecoloxista ADENCO co obxectivo de coñecer o resultado das súas reclamacións ante o Concello de Ponteareas, a Xunta de Galicia e a Valedora do Pobo con respecto á vertedura de lindano.

 

A visita estivo enmarcada dentro da xornada que adicaron as deputadas a coñecer de primeira man a situación das zonas de O Porriño afectadas polas verteduras de lindano así como a zona da canteira de Xinzo en Ponteareas, o que lles servirá de base para continuar as distintas xestións que están levando a cabo ao respecto tanto no Parlamento de Galicia como no Parlamento Europeo con respecto a estas verteduras altamente contaminantes.

 

ESQUERDA UNIDA lembra que a pesares de que o alcalde de Ponteareas comprometeuse -a proposta do concelleiro de EU-son, Lino Costas- a dar explicacións documentadas das súas actuacións con respecto ás verteduras de lindano na canteira de Xinzo como moi tarde no pleno do 20 de marzo, dita información non foi trasladada a día de hoxe.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.