MOS
Os veciños de San Rafael en Pereiras contarán con novo saneamento para este ano
A instalación sumará preto de 3 quilómetros de rede.
![[Img #40069]](upload/img/periodico/img_40069.jpg)
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro mosense de Coordinación de Asociacións Veciñais, Patrimonio e Servizos, Camilo Augusto, acudiron á Asociación de Veciños de San Rafael, parroquia de Pereiras, para presentar ante a veciñanza da zona un novo proxecto de ampliación da rede de saneamento na parroquia de Pereiras.
O proxecto ten como obxectivo ampliar a rede de saneamento existente na parroquia de Pereiras, para o que se proxectan colectores de PVC de 315 mm de diámetro que funcionarán por gravidade ata as conexións con pozos existentes.
Distínguense dúas zonas de actuación, que verten a dous pozos distintos: na zona Norte amplíase a rede nuns 750 metros nos núcleos de Casal e Pazos, desde a estrada Pereiras- Tameiga ata a conexión coa rede existente no cruzamento do Camiño da Muralla e o Camiño do Casal. Na zona Sur, proxéctanse uns 2.100 metros de colectores, desde o Camiño do Couso (Pazos) ata a conexión co pozo do Consorcio de Augas do Louro, no Camiño das Lagoas. En total a instalación sumará preto de tres quilómetros de nova rede de saneamento que dará servizo a unas 60 vivendas.
Ademais inclúense ramais transversais que permiten dar servizo a máis vivendas, como o ramal polo Camiño da Fábrica, desde a estrada da autonómica PO-331 Porriño-Gondomar, o ramal polo Camiño do Agro, o Camiño da Casanova e o Camiño Xaberga. Para executar a actuación, será necesario dispoñer de servidumes de paso, para os tramos que discorren por terreos privados, así como obter as autorizacións dos organismos afectados.
O orzamento deste proxecto estímase que poida rondar os 400.000 euros. Dende o Concello prevese que a obra se inicie dentro do presente ano 2018, aínda que é probable que os traballos se prolonguen durante parte do vindeiro 2019.
Este proxecto supón a segunda fase do saneamento en Roublín que se está a acometer actualmente. A obra de acometida da rede de saneamento en Roublín-Pereiras, é posible grazas a un convenio de colaboración entre a consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Mos, polo que a Xunta destinou unha dotación de 500.000 euros para financiar íntegramente estes traballos.
O de Roublín trátase dun convenio de colaboración a tres bandas entre Augas de Galicia (dependente da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio), o Consorcio de Augas do Louro e o Concello de Mos para execución da rede de saneamento nesta zona da parroquia de Pereiras.
As obras en Roublín consisten na execución de nove ramais de colectores que finalizan nun pozo de bombeo, e a súa correspondente impulsión. Os colectores executados nesta primeira fase suman unha lonxitude total de 2.058 metros e dan servizo a 114 vivendas e preto de 250 persoas.
Unha vez rematadas ambas fases o saneamento na parroquia de Pereiras quedará prácticamente instalado ao 100% quedando tan só pendentes pequenos puntos illados.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22