Sábado, 24 de Enero de 2026

Xornal21
Sábado, 31 de Marzo de 2018 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A Entidade Local Menor de Chenlo intégrase no sistema único de rexistro da administración autonómica

[Img #40077]

 

O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, desprazouse ata a entidade menor de Chenlo, no Porriño, para comprobar xunto ao alcalde pedáneo, Alejandro Lorenzo, a posta en funcionamento da actividade administrativa, a efectos de rexistro, para a documentación dirixida a Administración autonómica.

 

Un dos obxectivos principais do programa de reforma e modernización da Administración autonómica é o achegamento físico das oficinas administrativas aos cidadáns, na procura dunha mellora dos servizos que se prestan á cidadanía. Con esta finalidade, a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) firmaron no 2010 un convenio, aínda vixente, para o desenvolvemento da administración electrónica  nas entidades locais da Comunidade.

 

A adhesión da entidade menor de Chenlo a este convenio foi autorizada pola Dirección Xeral de Administración Local, dependente da Consellería Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.