TUI
Hoxe comeza a traballar a nova empresa adxudicataria do Servizo de Limpeza Viaria
A adxudicataria do servizo General de Asfaltos y Servicios, S.L. (GEASER) cobrará 210 .000 euros ó ano.
Este domingo, 1 de abril, comezará a prestar o seu servizo a nova empresa adxudicataria do Servizo de Limpeza Viaria no Concello de Tui. Tras o proceso de licitación resultou adxudicataria do servizo General de Asfaltos y Servicios, S.L. (GEASER) por un importe de 210 mil €/ano. O período do contrato será de 4 anos. Deste xeito regularízase a situación deste servizo e se amplía a cobertura do mesmo á práctica totalidade do casco urbano, segundo explica o concelleiro de Limpeza Antonio Castro. O edil sinala que a principal novidade en canto ao servizo que se viña prestando até o de agora, amais da ampliación do ámbito- está na mecanización de parte dos labores co emprego de maquinaria tanto para o barrido coma para o baldeo das rúas.
En concreto o contrato recolle a limpeza de calzadas, beirarrúas, contedores, parterres, zonas peonís, así coma o baleirado e limpeza de papeleiras, a limpeza de herbas, a limpeza de pintadas e a retirada de carteis colocados en lugares non autorizados, ou de entullos vertidos de forma incontrolada. Tamén contempla limpezas de emerxencia de restos por exemplo deixados por choivas cuantiosas, ou limpezas especiais ante a previsión de celebración de eventos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149