Jueves, 15 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 29 de Marzo de 2018 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

O BNG esixirá no Parlamento Galego solucións inmediatas para a seguridade na PO 403

O deputado Luís Bará presentou en Ponteareas as iniciativas que se debaterán na Cámara.

[Img #40084]

 

O Deputado do BNG no Parlamento Galego, Luís Bará, acompañado do alcalde Xosé Represas e outros membros do Bloque, presentou en Ponteareas as diversas iniciativas relativas á estrada PO 403 que une Ponteareas con Salvaterra, rexistradas polo BNG no Parlamento Galego e que se debaterán nos vindeiros días.

 

Luís Bará sinalou que “o proxecto presentado pola Xunta, que non contou coa veciñanza nin co Concello para a súa elaboración, resulta claramente insuficiente, xa que non contempla medidas para mellorar a seguridade viaria, a mobilidade peonil e ciclista nin a accesibilidade, polo que non responde ás necesidades de Angoares e Moreira”.

 

Neste sentido, o deputado do BNG explicou que “recollendo as alegacións consensuadas entre o goberno e a veciñanza e aprobadas polo Pleno do Concello, presentamos unha Proposición para que a Xunta modifique o proxecto de reforma da estrada comarcal nas parroquias de Angoares e Moreira, así como ampliar as actuacións tamén ao núcleo urbano de Ponteareas, dotando de beirarrúas os tramos da Avenida Castelao que carecen delas”.

 

Circunvalación
Xunto á mellora deste proxecto, Luís Bará indicou nas iniciativas parlamentares a necesidade de que “a Xunta cumpra os seus propios compromisos e elabore o proxecto de circunvalación previsto no convenio asinado en 2015, que evitaría o paso de milleiros de vehículos pola PO 403”. O parlamentario do BNG lembrou que “Ponteareas é o único concello da provincia cuxo núcleo de poboación non ten conexión directa coa autovía, e tras máis de 20 anos de promesas incumpridas é o momento de que a Xunta deixe de burlarse da veciñanza de Ponteareas e tome en serio esta necesidade”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.