SALUD
Sanidade forma a 1.550 profesionais de atención primaria na emerxencia cardiovascular
O proxecto capacita ao persoal sanitario das diferentes EOXIS durante a súa xornada laboral e no seu lugar de traballo empregando técnicas de simulación avanzada que remedan situacións reais aplicables ao máximo á vida real.
A Consellería de Sanidade acaba de impulsar un novo programa de formación, a Rede de Capacitación Sanitaria (REDCASA), dirixido a aumentar a seguridade do paciente por medio do adestramento dos equipos profesionais sanitarios, no seu lugar de traballo e na súa xornada laboral. Neste adestramento empréganse técnicas de simulación avanzada que remedan situacións reais, con avaliación competitiva mediante rúbricas específicas vinculadas a obxectivos trazables de resultados en saúde. A iniciativa prevé adestrar nesta primeira fase a un total de 1.550 profesionais sanitarios, dos 5.114 de Atención Primaria do Sergas ante unha emerxencia cardiovascular.
Os obxectivos principais da formación serán recoñecer os síntomas inminentes de parada cardiorespiratoria; coñecer os mecanismos de alerta ao sistema de emerxencias médicas; organizarse adecuadamente en caso dunha parada cardiorespiratoria; realizar manobras de RCP de calidade obxectivable; coñecer e manexar correctamente os recursos de que dispón cada centro de saúde e xerar coñecemento entre os profesionais, fortalecendo o traballo en equipo.
A formación componse dunha parte explicativa da actividade e unha parte práctica con simulación avanzada. Búscase revisar os procedementos que se levan a cabo para identificar posibles puntos de mellora nas condicións o máis semellantes posibles á práctica clínica diaria. Para iso, simularanse casos baixo a sistemática de traballo en equipo, reparto de roles, comunicación co equipo, o paciente e o entorno, adestramento no proceso e no uso das habilidades necesarias.
O obxectivo principal do proxecto é a seguridade do paciente. Neste primeiro ano o programa, que se centra na emerxencia cardiovascular, chegará ao 30% do persoal sanitario de Atención Primaria, aínda que o obxectivo é alcanzar en sucesivas edicións ao 100%.
O programa comezou a súa andaina o pasado mes de febreiro en centros sanitarios das Xerencias de Xestión Integrada (EOXIS) de Santiago, Vigo, Coruña e Lugo e estendérase ao longo deste mes de abril e maio ás EOXIS de Pontevedra, Ferrol e Ourense. Estímase que o proxecto finalice no mes de xullo.
A iniciativa ten como obxectivo principal aumentar a seguridade do paciente
Neste tempo adestráronse xa preto de 600 profesionais sanitarios de Atención Primaria, dos 1.550 previstos nesta primeira fase. Os participantes valoran positivamente a iniciativa e a importancia do adestramento in situ, ademais de incidir na necesidade de aumentar a frecuencia do programa e a súa repetición.
Cardiopatía isquémica
A cardiopatía isquémica é a primeira causa de morte no mundo. En Europa, as enfermidades cardiovasculares supoñen ao redor do 40 % do total de mortes en menores de 75 anos. A maioría das mortes evitables débense a enfermidades coronarias e ocorren no medio extrahospitalario, estimándose que a parada cardíaca súbita é a responsable de máis do 60% das mortes de adultos por enfermidade coronaria.
Impulsado por ACIS
O proxecto REDCASA, impulsado pola Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS) e a Consellería de Sanidade, combina innovación formativa, organizativa e tecnolóxica. Trátase dun proxecto de adestramento dos profesionais do Sergas que ten por obxectivo capacitalos durante o tempo de traballo e no lugar de traballo, mediante a simulación no manexo das situacións relacionadas coa pataloxía tempo dependente.
A Rede de Capacitación Sanitaria integra o adestramento dos profesionais sanitarios in situ, a través dunha plataforma de avaliación competitiva do adestramento sanitario, co emprego de criterios de avaliación de obxectivos parametrizables que asocian este adestramento a resultados en saúde sobre pacientes reais.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11