GALICIA
As mulleres representan xa o 54% das persoas que emprenden no rural
A Consellería do Medio Rural celebra este dato, máis aínda cando a proporción é dun 30% no ámbito urbano.
A Consellería do Medio Rural celebra os últimos datos sobre o papel da muller no mundo rural xa que demostran que están asumindo formalmente o papel que merecían no mundo rural. Así, destaca o feito de que o 54% das persoas que emprenden no rural son mulleres fronte ao 46% dos homes, unha cifra que aínda cobra máis relevancia ao comparala co ámbito urbano, onde o 30% dos novos empresarios son mulleres.
No 79% dos casos, estas empresarias rurais son autónomas que apostan por poñer en marcha iniciativas que ofertan produtos ou servizos dos que carece o seu ámbito, polo tanto a súa aposta é “crucial” para a contorna.
A Xunta está a percibir un progresivo cambio de tendencia cara un incremento da presenza da muller en todos os niveis, tal e como amosan os datos. De feito, no que se refire ás mulleres titulares de explotacións agrarias, os datos din que das 140.930 explotacións rexistradas en Galicia, en 61.629 explotacións a titularidade corresponde a mulleres e en 79.301 a homes. É dicir, o 43,76% das explotacións galegas teñen como propietaria unha muller.
No 44% das explotacións rexistradas en Galicia a titular é unha muller
Por provincias, A Coruña é a máis avanzada neste ámbito con 15.753 titulares mulleres, máis do 46%, e séguelle Pontevedra co 45% e 20.076 empresarias. En Lugo hai 15.915 titulares mulleres e en Ourense 9.885, o que representan o 43% e 39% do total, respectivamente.
Para seguir incentivando a incorporación da muller aos postos de mando, a Consellería do Medio Rural dá prioridade nas súas ordes de axuda aos proxectos con presenza de empresarias e ademais ao longo de 2018 poranse en marcha accións dirixidas especificamente ás mulleres do rural. Estas liñas de actuación serán, por exemplo, o plan de formación á muller do agro galego cun orzamento de 275.000 euros para a adquisición e mellora de competencias profesionais. Esta achega súmase aos 150.000 euros que se reservan no Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) co mesmo fin.
Así mesmo, existe un plan de transferencia para apoiar ás actividades de demostración e información ao agro galego, con 175.000 euros reservados para elas. Tamén aquí súmanse outros 224.000 euros do PDR que comparten obxectivo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149