MOS
A Coral Polfónica Ventos do Val celebra unha nova edición do seu Concerto de Primavera
Será o domingo 8 de abril ás 18.30 horas no Multiusos das Pozas.
A mosense Coral Polifónica Ventos do Val, da parroquia de Petelos, organiza a XVIII Edición do Concerto de Primavera. Celebrarase o vindeiro domingo, día 8 de abril, ás 18.30 horas do serán, no auditorio do edificio Multiusos das Pozas en Petelos. A entrada ao concerto é libre e de balde para todas aquelas persoas que desexen asistir, xa que a Coral Polifónica Ventos do Val e unha agrupación sen ánimo de lucro.
Con este concerto a agrupación coral de Petelos abre o seu ano cultural de actuacións 2018, durante o que os seus integrantes pretenden facer chegar as súas cancións na vertente do canto coral polifónico a todos os amantes da cultura musical.
Neste evento musical, ademais da coral anfitriona, colaborarán e participarán a Coral Polifónica de Entenza (Salceda de Caselas) e a Coral Polifónica da Agrupación Musical Lira de San Miguel de Oia (Vigo). As corais convidadas e a local ofrecerán a interpretación de varias obras cun programa variado de cancións caracterizadas pola calidade na interpretación. Será un repertorio que incluirá cancións populares galegas, habaneras, xotas, boleros e zarzuelas.
Representantes da Coral Ventos do Val aseguran que “os obxectivos máis inmediatos da Coral son mellorar o seu repertorio e conveniar con agrupacións corais doutros municipios todos os intercambios posibles que contribúan a enriquecer cultural e musicalmente a ambas partes, levando a música como bandeira”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22