PROVINCIA
O PP "satisfeito" con que Fomento recolla nos PXE investimentos por valor de 21,66 M €
Salientan a variante da N-640 na Estrada (1,5 millóns de euros), o reforzo da seguridade vial na N-120 ao seu paso por Ponteareas (3 millóns), melloras ferroviarias como a do tramo entre Redondela e Arcade (3,2 millóns), actuacións en estacións e material rodante (5,1 millóns) ou a rehabilitación do Pazo Quintáns, de Sanxenxo, como museo (0,9 millóns).
Os deputados nacionais e senadores do Partido Popular de Pontevedra valoran moi positivamente o feito de que o proxecto de Presupostos Xerais do Estado (PXE) do Goberno de Mariano Rajoy inclúa para este ano unha serie de investimentos na provincia, fóra das tres grandes cidades, con máis de 22,66 millóns de euros que irán a dar resposta a necesidades en materia de estradas, infraestruturas ferroviarias e rehabilitación arquitectónica.
Respecto aos PXE aprobados no 2017, os importes totais destinados polo Ministerio de Fomento á provincia de Pontevedra incrementáronse nun 15% (13,51 millóns de euros) pasando dos 89,95 millóns do exercicio pasado a 103,46 millóns do proxecto de contas xerais do Estado para este ano.
Así, en canto ao investimento en estradas na provincia de Pontevedra, a partida increméntase un 4,7%, pasando dos 42,61 millóns de euros aos 44,59 millóns actuais, o que supón un 12,9% por enriba da media por provincia.
No tocante ao capítulo de investimentos ferroviarios mantense o pulo investidor do pasado exercicio amosando o firme compromiso do goberno de Rajoy coas infraestruturas para a chegada da alta velocidade a Galicia así como na mellora dos medios e da seguridade actuais con que conta ADIF na provincia.
En materia portuaria os PXE contemplan un incremento do 34,5% (7,75 millóns de euros) en investimentos nas radas de interese estatal ubicadas na costa da provincia de Pontevedra, pasando dos 22,49 millóns do 2017 aos 30,24 millóns previstos para o presente exercicio.
Mentras, no aeroporto provincial de Peinador, o incremento en investimentos é dun 148,2% (3,99 millóns de euros) pasando a cifra dos 2,69 millóns de euros do ano pasado aos 6,69 millóns que se contemplan no proxecto de PXE para este ano.
INVESTIMENTOS EN CONCELLOS DA PROVINCIA
Tras analizar polo miúdo os investimentos previstos polo Ministerio de Fomento na provincia de Pontevedra, fóra do ámbito das tres grandes cidades (Pontevedra, Vigo e Vilagarcía), os populares salientaron o millón de euros que se prevé destinar á conexión da PO-403 e a N-120 en Ponteareas. Neste concello tamén está previsto o investimento de 3 millóns de euros no reforzo da seguridade vial.
Tamén na capital do Condado dótase con 1,16 millóns de euros á execución das obras de remodelación do Enlace Puzo-Lira. Ademais o Ministerio de Fomento continuará coa redacción do Estudio Informativo do tramo Pilarteiros-Barro e a conexión coa AP-9 en Curro e licitará tamén o estudio informativo do tramo Barro/Curro-Valga, da autovía A-57 en Pontevedra, sin esquecer proseguir coa redacción do proxecto da Variante de Cerdedo na N-541, que conta cunha partida nos PXE de medio millón de euros.
INFRAESTRUTURAS FERROVIARIAS
En materia de infraestruturas ferroviarias, o proxecto dos PXE prevé adicionalmente unha dotación dun millón de euros para a nova liña entre Ourense e Vigo por Cerdedo, así como a continuidade da electrificación do Eixo Atlántico desde Vigo cara a fronteira con Portugal cunha dotación de 0,3 millóns de euros para electrificación do tramo Guillarei-Tui. Ademais de 0,1 millóns para continuar co estudio do Eixo Atlántico Vigo-Fronteira portuguesa.
Pola súa banda, ADIF inclúe unha partida de 3,2 millóns de euros para actuacións en mercadorías, entre elas é de salientar a mellora do tramo ferroviario Redondela-Arcade (tramo da ponte metálica que se financia con cargo ao Fondo de Accesibilidade Terrestre-Portuaria). Ademais ADIF inclúe unha partida de 0,9 millóns de euros para a supresión do paso a nivel de O Porriño e outra de 0,1 para eliminar o paso a nivel en Arbo. Para mellorar a seguridade, os PXE prevén o investimento de 0,4 millóns de euros para a implantación do ASFA dixital.
O orzamento de RENFE contempla unha partida total de 5,1 millóns de euros na provincia de Pontevedra para a realización de actuacións en material rodante (1,4 millóns), grandes reparacións (1,7 millóns), de mellora da seguridade na circulación, accesibilidade en trens, sistemas de información e venda e investimentos en talleres e outras instalacións.
REHABILITACIÓN ARQUITECTÓNICA
Outra partida de interese é a referida á rehabilitación arquitectónica onde o Ministerio de Fomento prevé destinar a cantidade de 641.480 euros que irán destinados ao programa provincial integral para o aproveitamento turístico de 18 xacementos galaico-romanos, acondicionamento de varias dependencias do Conxunto Catedralicio de Tui para usos culturais e a rehabilitación do Pazo Quintáns, en Sanxenxo, como museo da paisaxe cultural da Lanzada, que recibirá este ano 2018 un total de 903.923,40 euros, dentro do programa de conservación do patrimonio histórico, cultural e artístico.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.21