MOS
O PSOE mosense critica a deuda municipal cos proveedores
"O vindeiro 9 de abril celebrárase o pleno mensual do Concello de Mos, no que o goberno do Partido Popular leva un recoñecemento extraxudicial por valor de 619.609€. Esta cantidade responde a facturas do ano 2017 fora de presuposto, sendo este o terceiro recoñecemento extraxudicial que leva a pleno neste 2018" explican dende os socialistas engadindo que "esta é unha estrataxema usada pola rexedora local coa que engana a veciñanza dicindo que cerra os ciclos económicos en positivo, o cal é mentira porque non responde as súas obrigas “en tempo e forma” como ela afirma unha e outra vez. Estanse deixando facturas sen pagar para cerrar en positivo, cousa que dubidamos que poida facer este ano, e despois presentando recoñecementos nos anos seguintes. A realidade é que aínda se seguen pagando facturas de anos atrasados que non foron xestionadas facendo que aumente cada vez máis a débeda municipal nestes 10 anos de goberno do Partido Popular".
A bancada socialista esíxelle a rexedora local "que deixe de enganar, non bote balóns fora culpando a Deputación de cousas que non lle competen e despois de 10 anos de goberno xa vai sendo hora de que asuma responsabilidades. Con esta subida dos presupostos esperan que sexa quen de xestionar eficientemente os fondos públicos locais sen ter que recorrer a recoñecementos extraxudiciais".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22