PROVINCIA
Carmela Silva reitera a súa esixencia da retirada inmediata "dos carteis fascistas que foron logrados a través do engano"
"Non vou permitir que o meu nome, nin o do Goberno, ou desta administración apareza ligado a ningún tipo de acto de exaltación do fascismo", afirmou Silva, que mostrou as solicitudes dos carteis nas que só se cita "unha xuntanza de militares veteranos".
![[Img #40200]](upload/img/periodico/img_40200.jpg)
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, compareceu esta semana para volver a esixir a retirada inmediata "dos carteis fascistas que foron logrados a través do engano" en referencia á publicidade relativa ás denominadas "Manobras simuladas Millán Astray" en Barro.
Silva reiterou que "non vou permitir que o meu nome, nin o do Goberno, nin o desta administración apareza ligado a ningún tipo de acto de exaltación do fascismo. Así de claro o quero dicir". A comparecencia pública respondeu ao "cariz que está a tomar este tema", destacou a presidenta. "Negábame a darlle un minuto de publicidade ás persoas organizadoras destas chamadas manobras simuladas Millán Astray, que o único que buscan é máis polémica para ter o seu minuto de gloria nos medios, pero non vou consentir que se siga a vincular á Deputación de Pontevedra e a este Goberno con eventos deste tipo, mais tendo en conta que parten de falacias, chantaxes e ameazas que non nos van a calar", informou Carmela Silva.
A presidenta da institución provincial reiterou que "mantemos un por un os puntos do comunicado que fixemos onte e reiteramos que os organizadores fixeron unha solicitude baseada no engano, falseando a verdadeira natureza do acto". Neste eido, Carmela Silva amosou publicamente as dúas solicitudes elaboradas pola organización nas que se cita textualmente que "os días 28, 29 e 30 de abril e o 1 de maio esta asociación fará un evento en Barro a nivel nacional de xuntanza de veteranos militares", obviando por completo tanto o nome de Millán Astray como o carácter de homenaxe a esta figura fascista e a xornada de manobras.
Por estes motivos, Silva incidiu na "retirada inmediata dos carteis" e anunciou que "se non os retiran nos reservamos todo tipo de accións ou medidas para preservar o nome da Deputación xa que este Goberno vén dando sobradas mostras, desde a súa chegada á institución, de que as únicas homenaxes que realiza e apoia son aquelas dirixidas a mulleres e homes que foron represaliadas e represaliados na súa loita contra a ditadura. Este goberno ten estado, está e estará do lado das vítimas do franquismo e en contra do franquismo e dos seus herdeiros e herdeiras, que tristemente aínda hai".
A presidenta da Deputación asumiu "un fallo no protocolo, que derivou en que non se filtrou o cartel antes de enviar a imprenta, algo que se debería ter feito". Silva informou que "no pasado se fixeron con tanta frecuencia este tipo de carteis que non sorprendeu a quen lle debería sorprender xa que aquí, desde 1833, isto era habitual. Por este motivo estamos xa a revisar eses protocolos para cambialos e que esta situación ou outras similares non volvan a suceder".
Silva manifestou tamén o seu apoio ao goberno local de Barro, "que sufriu a mesma situación enganosa que nós" e destacou que lle gustaría "saber se as marcas que aparecen no citado cartel coñecían a natureza real deste evento de enxalzamento do xeneral franquista". Ademais, tamén amosou a súa "enorme preocupación polo ton que no noso país ten adquirido a exaltación de cuestións que críamos superadas, cuestións que o propio Goberno de España as está a exaltar" e rematou facendo un chamamento: "coidado con facer fortes a aqueles que poden pensar que gozan de impunidade. Moito coidado".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136