Sábado, 24 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 05 de Abril de 2018 Tiempo de lectura:
O Porriño

A Xunta subvencionará o Festival de cans con 21.117 euros

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica  no seu web a relación dos oito certames adxudicatarios en 2018 da convocatoria de subvencións a festivais do sector audiovisual: Play-Doc Festival Internacional de Documentais de Tui, Festival Internacional de Cinema Curtocircuíto (Santiago de Compostela), Festival de Cans (O Porriño), (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico da Coruña, Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu, Festival Carballo Interplay, Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE) de Santiago e Chanfaina Lab (San Sadurniño).

 

Entre eles distribúense, en diferentes contías, os 140.000 euros reservados a estas axudas, cuxa dotación experimentou un aumento do 21,7% respecto a 2017, reforzando así a liña ascendente dos últimos anos, con incrementos no seu orzamento do 9,5% en 2017 e do 16% en 2016.

 

En concreto, este ano apóiase con 28.863 euros o XIV Play-Doc, con 25.493 euros o XV Curtocircuíto, con 25.234 euros o XV Festival de Cans, con 21.117 a novena mostra (S8) e con 17.158 a undécima edición do festival de curtas de Bueu, así como tres encontros que se incorporan por vez primeira á listaxe de adxudicatarios: o V Carballo Interplay (14.510 euros), XII MICE (4068 euros) e V Chanfaina Lab (3553 euros).

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.