Viernes, 23 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 09 de Abril de 2018 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Xuntanza este xoves no Porriño para a supresión do paso a nivel

[Img #40236]

 

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, acompañada polos voceiros dos grupos municipais recibirá o vindeiro xoves, día 12, ao xefe de Área de Pasos a Nivel do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF) para tratar do proxecto para a supresión do paso a nivel polo centro da vila.


Para a elaboración deste proxecto, a proposta de Presupostos Xerais do Estado, aprobada a semana pasada polo Consello de Ministros, contempla unha partida orzamentaria de 880.000€, segundo recolle na mesma o Ministerio de Fomento, como aparece no borrador dos Orzamentos entregados no Congreso dos Deputados.


A xuntanza servirá para expor, polo miúdo, o devandito proxecto que, coma reiterou Eva García de la Torre dende que asumirá á Alcaldía, pasa “ineludiblemente”, en primeiro lugar pola garantía “total” da seguridade dos milleiros de persoas que transitan cada día por este lugar e, “coma xa acordara a Corporación unanimemente, por un trazado que deixe de dividir a O Porriño evitando que os trens sigan pasando polo centro”.


A alcaldesa sostivo, en cada contacto que mantivo, tanto co Ministerio de Fomento, coma con ADIF, a necesidade de que se cumpran estas dúas condicións e así o expuxo o pasado mes de setembro na visita que fixo a O Porriño a directora xeral de Explotación e Construción de ADIF, Isabel Pardo de Vera, á que se lle reiterou a “negativa por parte do Concello a calquera trazado que supoña seguir mantendo as vías no medio da vila”.


García de la Torre amósase “expectante” ante a proposta que faga o xoves ADIF e reitera, como fixo dende a primeira xuntanza que mantivera en Madrid cos seus responsábeis, a “nosa vontade de diálogo e de colaboración para poñer fin logo de décadas de intentos por cada goberno local, a esta situación inxustificábel”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.