Viernes, 28 de Noviembre de 2025

Xornal21
Lunes, 09 de Abril de 2018 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación de Pontevedra apoia regular a Educación Social

[Img #40235]

 

O Pleno da Deputación de Pontevedra aprobou a semana pasada unha moción de apoio á regularización da profesión de Educación Social.

 

Xosé Lois Jácome, da Coalición Electoral SON, puxo voz ao Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia para solicitar a creación dunha lei que regule a Educación Social. Dita lei é a vía que se reclama para recoñecer a Educación Social como unha profesión ao servizo dos valores fundamentais dun estado de Dereito, como factor imprescindible para abordar determinadas necesidades sociais, e como garantía de calidade das intervencións socioeducativas. Tamén sería a solución para mellorar a situación laboral desta profesión, onde hai un algo grao de precaridade, de intrusismo, e de falta de adecuación terminolóxica nos postos de traballo.

 

O Consello Xeral de Colexios de Educadoras e Educadores Sociais comezaron hai máis de un ano unha campaña de apoios a favor desta lei por parte da cidadanía, e a ela téñense sumado moitas entidades e administración públicas, a maioría delas fóra de Galicia.

 

Ao aprobar esta moción, a Deputación solicitará aos gobernos galego e central a elaboración dunha lei que regule a profesión de Educación Social.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.21

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.