Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 09 de Abril de 2018 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Arranca a terceira edición da Semana das Ciencias

A concellería de Ensino convida a toda a veciñanza a participar nas conferencias, mesas de debate, exposicións e actividades que achegarán a ciencia á cidadanía.

A concellería de Ensino e Participación Cidadá do Concello de Ponteareas convida a toda a cidadanía a participar na terceira edición da Semana das Ciencias de Ponteareas.Unha iniciativa que pretende amosar dun xeito divertido e interesante distintos ámbitos da ciencia ao alumnado e cidadanía.


A Semana das Ciencias abre este luns día 9 ás 19:00 horas coa presentación do xogo do profesor Xabier Prado, “Once Torres” na sala multiusos do auditorio municipal.


Ás 19:30 horas as investigadoras da Universidade de Santiago e Vigo, María Pardo, Mara Álvarez e María de la Fuente terán unha mesa de debate na que falarán da importancia das mulleres na ciencia e na investigación.


Este mesmo día tamén abre as súas portas o museo científico “Ciencia en Movemento” con máis de setenta obxectos co lema “Prohibido non tocar” dirixido a alumnado de 4º da ESO e 6º de primaria.


A veciñanza tamén poderá visitar a exposición de fotografía “Ponteareas e o Medio Ambiente” na entrada principal do auditorio en horario de mañá e tarde.


Paralelamente nos centros escolares haberá distintas actividades educativas así como saídas e visitas didácticas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.