Domingo, 09 de Noviembre de 2025

Xornal21
Domingo, 08 de Abril de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

Pereiras mellora o seu local social coa instalación dun ascensor grazas a unha subvención autonómica

A Xunta de Galicia concedeulles preto de 23.000 euros para unha obra da que xa está rematada a primeira fase e que foi visitada esta semana pola alcaldesa e concelleiros mosenses.

[Img #40230]

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e diversos concelleiros e concelleiras do equipo de goberno local visitaron esta semana o local social Os Castros da Asociación de Veciños Nosa Terra de Pereiras, onde, acompañados pola directiva e membros da Asociación, puideron comprobar de primeira man os resultados da primeira fase dos traballos de mellora do local; acometidos grazas á subvención do Plan Específico de Acción Comunitaria destinado a asociacións de veciños, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños de Galicia da Vicepresidencia, Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia.


Para esta primeira fase a subvención autonómica foi de 12.000 euros e grazas á mesma puideron realizar o oco para instalar un ascensor no edificio. As obras da primeira fase comezaron a principios de outubro de 2017 e remataron a finais de xaneiro do presente ano 2018.


Para a acometida da segunda fase, Nosa Terra de Pereiras xa conta cunha axuda autonómica da mesma liña que a anterior que ascende a 10.900 euros e mediante a que adquirirán e instalarán o ascensor e acondicionarán un baixo cuberta na última planta do local que dá acceso ás oficinas. O inicio da montaxe do ascensor está previsto para o vindeiro luns, 9 de abril, e estímase que quede montado nun prazo máximo de tres semanas. Perído tras o cal comezaranse as obras do baixo cuberta, estimando o remate total dos traballos para finais do vindeiro verán.


A alcaldesa destacou na súa visita de onte “a importancia desta obra e o tesón e o esforzo da parroquia de Pereiras para conseguila”, destacando a “valía dos colectivos veciñais e o seu papel vital á hora de construír un Mos mellor”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.