GALICIA
Compromiso por Galicia denuncia a falta de xestión no tratamento da madeira queimada
"A forma de actuar do goberno de Feijoo pon en risgo o sector de segunda transformación da madeira" explican dende CxG.
![[Img #40311]](upload/img/periodico/img_40311.jpg)
Tras varias reunións co sector afectado CxG denuncia que "a madeira dos lumes está sendo na súa maioría exportada para fóra de Galicia. Os mercados inglés e chinés son os principais destinos de toneladas de madeira dos nosos montes queimados. Unha situación que vén dada pola urxencia de retirar a madeira queimada, logo dos grandes incendios do pasado verán que arrasaron miles de hectáreas de monte en Galicia. Xa no mes de outubro CxG no Parlamento europeo interpelaba a través da nosa eurodeputada, Izaskun Bilbao, á Comisión para saber cal ía ser a xestión de este recurso, que está suxeito á normativa europea, non respondendo a Xunta á interpelación da propia Comisión a petición de CxG".
Compromiso por Galicia, asegura que "en defensa do sector industrial de segunda transformación de madeira con empresas referentes para toda Europa e moitas bisbarras, poñemos en coñecemento da opinión pública a presente chamada de SOS denunciando que de persistir esta actuación a nosa industria que paga os seus impostos en Galicia quedará desabastecida no mes de outubro sen que a Xunta de Galicia faga nada pola defensa dos nosos empresarios e os postos de traballo, logo virán os ERE que pagamos todos".
Tendo en conta a actual situación, facilmente contrastable coas empresas do sector, dende Compromiso por Galicia propoñen á Xunta "a utilización da madeira queimada para o noso sector produtivo, xa que é patrimonio de todos. A solución poder ser aplicar o sistema que xa aplicou Francia na rexión das Landas, consistente en polígonos de almacenamento con un sistema de rego automático que conserva a madeira durante anos".
Por último critican "a ineptitude e parálise da Xunta vai como sempre en detrimento da poboación do rural onde están normalmente instaladas as industrias de transformación da madeira, constitúe pois esta unha acción estratéxica para o País e para o asentamento de poboación no sempre castigado rural galego".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149