VIGO
Ata o 8 de maio aberto o prazo para pedir as axudas de vivenda, enerxía e alimentación
Abel Caballero informou este luns da apertura do prazo de solicitudes das Axudas Extraordinarias a Familias 2018, desde este martes 10 de abril ata o 8 de maio, ambos incluidos. Sumando as axudas de emerxencia, o goberno de Vigo adica máis de 2,5 millóns a pagos de vivenda, enerxía e alimentos.
O alcalde de Vigo anunciou que este martes comeza o prazo para optar ao programa municipal de Axudas Extraordinarias a Familias para gastos de vivenda, subministros e alimentación, prazo que estará aberto ata o 8 de maio incluido.
O goberno de Vigo, segundo detallou Caballero, adica 1.640.000 euros a esta convocatoria extraordinaria, cantidade á que se suman os 850.000 euros que reservan as contas municipais para axudas de emerxencia. Así, o Concello adica este 2018 máis de 2,5 millóns de euros para pagos de aluguer e hipoteca, enerxía e alimentos ás familias que o precisan.
O alcalde deu as cifras das axudas concedidas na convocatoria do ano pasado, un total de 1.947 para alimentación, 1.898 para subministros enerxéticos e outras 1.454 axudas para pagos da vivenda. Para este ano, os interesados poden formalizar a súa solicitude no rexistro do Concello ou en calquera outro habilitado, como pode ser o da Xunta de Galicia ou Correos.
A web do Concello –vigo.org– recolle as bases, o extracto da convocatoria, o impreso de solicitude e a petición de cita previa. Recordou Caballero que o Concello volve atender aos demandantes con cita previa, de luns a venres, "para evitar colas", pois o ano pasado se rexistraron sobre 3.000 requerimentos.
Os requisitos para optar ás Axudas Extraordinarias para familias pasan por estar empadroado en Vigo desde hai alomentos tres anos e o cumprimento dos termos socioeconómicos establecidos nas bases. O alcalde avanzou que o goberno que encabeza resolverá o procedemento en tres meses desde o peche do prazo de solicitudes, co que estimou que no verán se estarán abonando as axudas extraordinarias.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217