GALICIA
O Congreso dos Deputados/as aproba unha proposición sobre a idade de xubilación dos traballadores/as do granito
Na Comisión de Emprego e Seguridade Social do Congreso dos Deputados/as e na sesión celebrada o martes 10 de abril aprobouse unha proposición presentada pola federación da Construción e Madeira (FCM) da CIG na que se solicitaba do Goberno central medidas para preservar a saúde dos traballadores/as dos sectores do granito e daousa e rebaixar a súa idade de xubilación dados os riscos de contraer silicose que sofren pola exposición a po de sílice. Tamén se acordou solicitar unha mellor atención unha vez abandonado o posto de traballo para quen xa padece a enfermidade. Pídese ademais que esta redución da idade de xubilación se aplique por igual a canteiras, fábricas e marmorerías.
A proposta da CIG foi defendida pola deputada de En Marea Yolanda Díaz. Sumouse a esta iniciativa da central nacionalista o PSOE, que presentou un texto que viña a incidir nas mesmas reivindicacións e que o foi exposto pola deputada Rocío de Frutos.
O escrito resultante da transacción de ambas propostas foi aprobada por 22 votos a favor e 14 en contra, "estes últimos do Partido Popular que, unha vez máis, queda en minoría opóndose en solitario ao resto dos grupos do Congreso" sinalan den de a CIG.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149