MOS
Carpa informativa sobre reciclaxe na feira de San Cosme
Estará instalada o domingo 22 de abril en horario de 10.30 horas a 13.30 horas.
O concelleiro de Medio Ambiente mosense, Cándido Pérez, informa de que a campaña autonómica promovida pola Xunta de Galicia e Ecoembes ‘Separar con xeito para reciclar a feito!’ chegará a Mos o vindeiro domingo 22 de abril, concretamente á feira que tódolos domingos se celebra no Alto de San Cosme, parroquia de Cela.
A carpa informativa estará instalada no Alto de San Cosme de 10.30 horas a 13.30 horas dando directrices e pautas aos particulares interesados de como separar correctamente os residuos domésticos. A campaña incidirá ademais na importancia de diferenciar os tipos de residuos inorgánicos.
A campaña 'Separar con xeito', promovida pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Xunta de Galicia e Ecoembes, estará presente en 350 feiras (entre elas a mosense de San Cosme) e eventos gastroculturais, co fin de fomentar prácticas responsables en torno á reciclaxe de plásticos, envases lixeiros, papel e cartón.
O edil Cándido Pérez explica que “esta iniciativa lévase a cabo para estimular á veciñanza a que poña en práctica a reciclaxe de residuos, así comoo xeito correcto de facelo”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149