NIGRÁN
O Concello de Nigrán acolle este domingo a Final Provincial de Dúatlon Escolar
Preto dun cento de deportistas en categorías dende benxamín a cadete disputarán a proba, que se desenvolverá durante toda a mañá na contorna de praia América.
O Concello de Nigrán acolle este domingo dende as 11:00 horas ata as 13:45 horas a final provincial de Duatlon Escolar, na que participarán preto dun cento de deportistas en categorías dende benxamín a cadete. Todos eles terá a oportunidade de clasificarse no Campionato Galego. A proba, que se desenvolverá na contorna de Praia América, está organizada polo Concello de Nigrán xunto o Club Triatlon Mar de Vigo e a Federación Galega de Triatlon e conta co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte.
A competición outorga a oportunidade para clasificarse no Campionato Galego
A saída, boxes e meta se ubicará na contorna das instalacións deportivas de Gaifar (Panxón). A primeira competición a disputará ás 11:00 horas a categoría benxamín, constando de 500 metros de carreira a pé - 2 km de bicicleta - 250 m de carreira a pé. A continuación, ás 11:30 horas, terá lugar a proba dos alevíns con 1 km de carreira a pé - 4 km de bicicleta - 500 m de carreira a pé. Seguirán os Infantís ás 12:15 horas con 1,5 km de carreira a pé - 6 km de bicicleta - 750 m de carreira a pé. Finalmente, ás 13:00 horas, irán os cadetes con 2 km de carreira a pé - 8 km de bicicleta - 1 km de carreira a pé.
Os tres primeiros clasificados de cada categoría recibirán medallas como premio.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.21