Viernes, 23 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 12 de Abril de 2018 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

García de la Torre cualifica de “moi decepcionante” a xuntanza con representantes de Adif

A rezedora sinala que non trouxeron “nin proxecto nin propostas” para a eliminacion do paso a nivel do centro do Porriño

[Img #40388]

 

“Nin proxecto nin borrador , nin estudo, nin proposta algunha”. Este o resumo que fai a alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, da xuntanza mantida este luns con representantes de ADIF.


García de la Torre cualifica a reunión de “moi decepcionante”, eido no que coinciden, subliña, os voceiros de todos os grupos da Corporación- Partido Popular, PSOE, UDDL, BNG, EU-SON e a representantes dos Non Adscritos- , que deron por rematada a xuntanza apenas media hora despois de que se iniciase.


O acontecido foi un "despropósito", engade a alcaldesa que sinala que os delegdos de ADIF volveron preguntar ao Concello cales son as súas ideas para retirar o paso a nivel do centro do Porriño, algo que “non entendemos” posto que “xa o deixamos claro en setembro de 2015, cando estiven en Madrid con responsábeis de ADIF; o reiteramos en 2016 cando sufrimos un accidente no que perderon a vida 4 persoas e 50 resultaron feridas, e o repetimos o pasado mes de setembro, aquí , diante das vías, á directora directora xeral de Explotación e Construción de ADIF, só hai dúas alternativas posíbeis: ou se fai un desvío ou se soterran as vías, pero o tren non pode seguir circulando polo centro da vila, algo que os porriñeses levamos reclamando dende 1948”.


Así reiterouno García de la Torre, e os voceiros de todos os grupos municipais, ao subdirector de Infraestruturas de ADIF, Juan Tebar, e ao xefe de área de Pasos a Nivel de ADIF, Francisco Javier Soto del Río, que xunto con tres representantes da consultora G.O.C, entre eles o enxeñeiro Antonio Moreno, estiveron este xoves no Concello.


Estes cinco representantes o único que expuxeron é que o borrador de orzamentos xerais do Estado para este ano recolle unha partida de 880.000€ para a realización dun estudo previo sobre a supresión do paso a nivel, “nada máis”, e ignora, salienta a alcaldesa, o proxecto iniciado en 2006, “que caduca este mesmo ano, no mes de novembro”, sobre a ‘saída sur’ de Vigo no que se contempla un cambio no trazado das vías que deixarían de pasar polo casco urbano do Porriño.


“Rematada a xuntanza pediulle aos membros de ADIF e aos técnicos que ese estudo previo non se limite a uns cálculos, senón que consideren as nosas circunstancias: que vexan a qué velocidade transita o tren polo medio da vila ou a distancia, de moi poucos metros, á que pasan os vagóns das casas”, conclúe a alcaldesa.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.