O PORRIÑO
Comuneiros de Atios critican o uso de terreos de montes "sen autorización" para competicións
Nun comunicado de prensa aseguran que "a Policía Local do Porriño deu escolta a un piloto de rally no seu adestramento privado polos montes de Atios"
O pasado martes 10 de abril, os veciños dos barrios de Alvarín e das Insuas, en Atios, víronse sorprendidos por un forte despregamento da policía local do Porriño. "Varias patrullas e arredor dunha decena de efectivos, procederon a cortar o tráfico nun treito da pista que une os dous barrios e atravesa propiedades da comunidade de montes de Atios" segundo sinalan nun comunicado de prensa.
"Ante o balbordo e o forte ruxido de motores, varios veciños achegáronse ao torreiro do Roupeiro e alí comprobaron que se trataba dunha proba de rally, da que a comunidade non tiña coñecemento nin fora anunciada públicamente. Pero non era unha proba de competición organizada como tal, senon que se trataba do adestramento dun só coche. Ao parecer, segundo testemuñas presentes no lugar, o piloto era David Couceiro, fillo do dono da empresa González Couceiro S.L., adicada á xestión de residuos e moi coñecida no Porriño. Para poñer a proba o seu vehículo, contou co apoio loxístico da Policía Local do Porriño, así como dun amplo dispositivo de Protección Civil. O adestramento levouse a cabo entre as seis e as oito da tarde e implicou o corte ao tráfico de máis de dous quilómetros entre o Roupeiro e As Insuas. De feito, algún veciños das Insuas tiveron que agardar a que rematase o adestramento para poder dirixirse ás súas vivendas" explican na nota de prensa.
A comunidade de montes de Atios quere denunciar públicamente "que se utilizaron terreos da súa propiedade, como é o torreiro de festas do Roupeiro, sen que mediase petición de autorización por parte do piloto interesado ou da propia Policía Local. Tampouco recibimos ningún tipo de aviso ou comunicación acerca da proba".
Critican que "se permitan estas actividades no monte, xa que a comunidade de montes de Atios leva anos denunciando o tránsito indiscriminado de vehículos a motor (sobre todo motos e quads) polas pistas forestais. Temos noticia tamén de que de noite se realizou nalgunha ocasión unha proba clandestina de coches, con tramos cronometrados, por varias pistas forestais. Trátase dunha actividade prohibida, que causa graves danos ás pistas e camiños rurais, en cuxo mantemento a comunidade inviste unha considerable cantidade de diñeiro".
As denuncias son reiteradas, por escrito e vía telefónica, ante a garda civil, ante a policía autonómica ou ante a policía local. "Lamentamos que ningún destes corpos de seguridade teña actuado con contundencia para combater estas actividades ilícitas, e daniñas para o monte. Polo menos non temos constancia de que a presenza de motos e quads en pistas forestais teña rematado" aseguran.
"Aínda que a proba do pasado martes puidera terse celebrado de acordo coa normativa vixente, non nos parece acertado a disponibilidade da policía local do Porriño para dar cobertura a unha proba coma esta, poñéndose ao servizo dun interese privado e particular, para un uso que consideramos incompatible coa contorna natural" conclúen.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184