Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 18 de Abril de 2018 Tiempo de lectura:
TUI

O equipo de goberno reafirma o "interese en que a aula da UNED continúe en Tui"

O Concello e a nova dirección do Centro Asociado de Pontevedra están a traballar para atopar unha solución estable.

O equipo de goberno do concello de Tui, presidido por Carlos Vázquez Padín, reafirma o seu interese na continuidade da aula da UNED en Tui e sae ao paso do comunicado emitido polos catro grupos da oposición sobre a situación na aula da UNED.

 

Dende o Concello fanse as seguintes precisións:

 

"O Concello de Tui está interesado en que a Aula da UNED continúe  dando o seu servizo en Tui, en concreto o curso de aceso a maiores de 25  anos e o grado de Psicoloxía.


É verdade que nos últimos meses e a pesar do esforzo, mesmo persoal  da concelleira, o funcionamento da UNED se viu afectado pola falta de conserxe, outra cousa é que esa falta sexa achacable ao concello de Tui, en moitas outras aulas da UNED en España son os padroados os encargados da contratación dos conserxes, en Tui a UNED di que non pode facelo por limitacións na taxa de reposición dos empregados públicos.


É falso que o concello non sufrague o gasto que implica ese conserxe, a cantidade está consignada nos orzamentos, o problema non está non está no financiamento senón na contratación, tanto UNED como Concello de Tui encóntranse con obstáculos legais para realizar esa contratación, e ese é o único punto en cuestión, quen contrata? debe o concello contratar de forma manifestamente irregular, por non dicir ilegal, como no pasado?. O actual equipo de goberno cre que o Concello de Tui é unha institución tan digna de respecto como a propia UNED.


O concello e a nova dirección da UNED en Pontevedra estamos traballando para encontrar unha solución estable ao actual problema que agardamos se poida concretar no inicio do vindeiro curso".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.