Viernes, 23 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 17 de Abril de 2018 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A Policía Local do Porriño súmase á campaña de controis impulsada por Tráfico

[Img #40523]

 

Dende este luns, día 16 e ata o domingo, 22 de abril, a Policía Local do Porriño súmase á campaña de control de velocidade posta en marcha pola Dirección Xeral de Tráfico.


O obxectivo da mesma é o de reducir o número de mortos e feridos causados polo exceso de velocidade: segundo os datos de Tráfico, transitando a unha velocidade axeitada poderían evitarse a cuarta parte de todas as mortes que se producen, anualmente en todo o país, en accidentes de circulación.


A campaña, que se impulsa, ao mesmo tempo, en 25 países europeos por medio da Organización Internacional de Policías de Tráfico (TISPOL), quere mandar a mensaxe de que hai que respectar os límites de velocidade, considerando que no 21,5% dos accidentes mortais ocorridos no ano 2016 a velocidade foi un factor determinante.


O aumento do número de mortes por mor do exceso de velocidade aumentou, principalmente, en vías urbanas, cun crecemento do 18% o que fixo que en 2016 un total 386 peóns faleceran atropelados, o que representa 19 mortos máis que o ano anterior e preto do 25% de todas as vítimas de accidentes de tráfico.


Neste eido, a Organización Mundial da Saúde vén de facer público un estudo no que se indica que o risco de norte entre peóns é do 80% se son atropelados a 50 quilómetros por hora; por riba dos 80 quilómetros por hora as posibilidades do peón de sobrevivir son nulas mentres que a unha velocidade de 30 quilómetros por hora o risco de norte é do 10%.


A Lei de Seguridade Vial e o Regulamento Xeral de Circulación aplicable aos límites xenéricos e específicos de velocidade, velocidade en adiantamento e distancias entre vehículos, establece que o incumprimento destas normas está tipificado coma infracción grave ou moi grave, sancionadas con multas de 100 a 600 euros.


O artigo 379 del Código Penal, establece que “o que conducira un vehículo de motor o un ciclomotor a velocidade superior en 70 quilómetros por hora en vía urbana ou en 80 quilómetros por hora en vía interurbana á permitida, será castigado coa pena de cadea de 3 a 6 meses e á de multa de 6 a 12 meses e traballos a prol da comunidade de 31 a 90 días e, en calquera caso, á de privación do dereito  a conducir vehículos a motor e ciclomotores por tempo superior a 1 e ata 4 anos”.


Por último, a Lei do Permiso por Puntos contempla a perda de entre 2 e 6 puntos por esta infracción,  dependendo do del exceso de velocidade cometido.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.