VIGO
A fase de construción da Cidade da Xustiza de Vigo dará comezo ao longo do mes de maio
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda acompañado do director da obra, o arquitecto vigués Alfonso Penela estivo onte na Delegación da Xunta en Vigo, onde se explicou a segunda fase da obra.
![[Img #40510]](upload/img/periodico/img_40510.jpg)
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda indicou onte que as obras da segunda fase da Cidade da Xustiza, a fase de construción, darán comezo tan pronto remate a obra de derribo, que previsiblemente será ao longo do mes de maio.
Alfonso Rueda acompañado do director da obra, o arquitecto vigués Alfonso Penela estivo onte na Delegación da Xunta en Vigo, onde se deu conta do estado do proceso de adaptación do antigo Hospital Xeral como Cidade da Xustiza de Vigo por parte dos responsables da empresa San José.
O prazo de execución da obra é de 21 meses polo que podería ser unha realidade a comezos do 2020
A previsión é que no mes de maio dea comezo esta segunda fase, en canto remate o derribo, que sufriu un lixeiro retraso debido á aparición de amianto no interior da estrutura e houbo que proceder á súa retirada, ademais de que as malas condicións climatolóxicas ralentizaron o ritmo de traballo da envolvente do edificio principal, por cuestións de seguridade. Nesta segunda fase acometeranse as obras na torre principal, na praza e no anexo.
A actuación que conta cun investimento global de máis de 30 millóns de euros vai permitir concentrar nun único lugar todas as dotacións xudiciais da cidade, recuperar para a cidade un inmoble senlleiro e dotar á Administración de Xustiza dun edificio simbólico e representativo, na maior dotación efectuada nunca en Galicia nunha infraestrutura xudicial, que dará servizo aos cidadáns da comarca para as vindeiras décadas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217