Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 18 de Abril de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

Manifestación dende Curuxeira-A Rans ata o Concello para reclamar a reanudación das obras na A-55

A Corporación Municipal mosense fixo onte pública a vindeira acción reivindicativa para o venres 20 de abril e estudou mobilizacións futuras de non producirse unha pronta solución.

[Img #40521]

Onte celebrouse no Salón de Sesións do Concello de Mos unha Xunta de Portavoces para tratar da vindeira mobilización para esixir á Dirección Xeral de Estradas do Estado a reanudación das obras de mellora da seguridade vial na A-55.


Á reunión, ademais da alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, asistiron o voceiro do Partido Popular de Mos, Camilo Augusto Martínez, Aurora Giráldez Leirós por GañaMos, a voceira socialista, Patricia Pérez Ucha, o voceiro do BNG, Miguel Anxo Aldea Moscoso, e o concelleiro non adscrito Emilio Muíños Pumar.


Da xuntanza extraeuse a decisión de convocar unha nova mobilización para o vindeiro venres, día 20 de abril, ás 20.00 horas. A comitiva, encabezada polos membros da Corporación Municipal, partirá dende A Rans, na parroquia de Tameiga, (zona da Curuxeira) a pé ata chegar ao acceso a San Eleuterio, unha das zonas afectadas pola paralización das obras, e continuarase pola vía de servizo da autovía ata chegar ao Concello.
Neste sentido os corporativos municipais convocan á veciñanza e asociacións mosenses, así coma a todos os particulares usuarios da A-55 e todo tipo de entidades afectadas, a sumarse a esta causa e acudir á acción programada para o vindeiro venres.


Arévalo, rexedora local mosense, aproveitou a Xunta de Portavoces desta mañá para comunicarlles aos presentes todas as xestións que dende a Alcaldía do Concello de Mos se están a levar a cabo e que son complementarias ás manifestacións organizadas para tentar resolver a problemática canto antes. Así mesmo, a alcaldesa informou de que polo momento non recibiu resposta ás súas xestións por parte das autoridades competentes e responsables do problema coa A-55, de xeito que dende o Concello continuarase coas mobilizacións ata lograr poñerlle solución.


Nidia Arévalo destacou así mesmo “a unión que estamos a ter todos os grupos políticos da Corporación nesta causa común que non é outra que defender os intereses e os dereitos dos veciños e veciñas de Mos e a seguridade dos miles de conductores que a diario transitan pola autovía”.


Durante a Xunta de Portavoces tamén se trataron as posibles accións a desenvolver de cara a un futuro e que se irán facendo públicas progresivamente.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.