O PORRIÑO
Manuel Carrera tacha de “falsidades” as afirmacións do PP do Porriño sobre a praza de abastos
Lembra que "foi este goberno o que acometeu melloras na mesma e nega que descendese a actividade do mercado"
O tenente de alcalde e concelleiro de Vías e Obras cualifica de “falsidades” tanto as afirmacións do Partido Popular en relación coa praza de abastos "coma o feito de que este partido pretenda arroxarse a representación dos comerciantes e ‘praceiros’, cando a realidade é que algúns deles xa deixaron claro en distintos foros que non so non comparten, 'en absoluto', as verbas dos responsábeis do PP do Porriño, senón que negan que fixeran tales declaracións".
Manuel Carrera lembra que "o actual Goberno local fixo un estudo completo para a reforma de toda a zona; acometeu melloras na propia praza e na súa contorna, que van dende o cambio integral do saneamento, que estaba estragado e as augas desbotaban, causando prexuicios a varios comercios a a unha cafetería que estaban asolagadas de cote, fíxose outro cambio no mesmos retirando as ‘arquetas’ que afectaban a locais da zona; substituíronse 40 lámpadas de alumeado do interior da praza por outras tipo led, de maior intensidade lumínica e aforran na factura da electricidade, ademais dun cambio de todos os fluorescentes; reformouse un dos baños da parte inferior, que estaba sendo utilizado coma un curruncho para caixas e fíxose un adaptado para persoas con diversidade funcional; arraxáronse outros dous na parte superior; acondicionouse un eco-punto de reciclaxe de refugallos; abriuse un punto de información e consignas; rematouse unha reforma completa dos locais centrais, colocando chan con plaqueta nova e pladur e inaugurouse un local multifuncional de descanso con wi-fi e televisión".
Carrera indica que houbo outras obras dentro do inmoble que foron para facer reparacións puntuais e subliña que “para arranxar completamente algunhas deficiencias do mercado sería necesario o seu peche total durante un tempo considerable para acometer eses traballos, o cal si que prexudicaría aos comerciantes”, polo cal o Goberno local está a considerar posibles alternativas.
O tenente de alcalde define como “tomadura de pelo” que o Partido Popular afirme que as actuacións acometidas na Praza de Abastos están a prexudicar a súa actividade, cando é todo o contrario, e considera que é dun “cinismo insólito” que sexa precisamente o PP local quen faga esta acusación aínda máis tendo en conta que cando estaba á fronte do Concello do Porriño “non fixo obra nin mellora algunha na praza nin no mercado como amosa o estado no que o atopou o actual goberno”.
Por último, Manuel Carrera apunta que o proceder do PP pode verse no feito de que un destacado membro do Partido Popular do Porriño, secretario do anterior alcalde durante 6 anos, presenta alegacións contra toda actuación que acomete o Goberno local, “sen entrar no fondo das mesmas e coas consignas de tentar que non se leven adiante e de insultar e inxuriar e sen outro fin que o de facer o meirande daño posible ás veciñas e veciños. Isto foi o que fixo no caso das melloras que se realizaron na praza e, coma sucede con todas as súas alegacións, foron rexeitadas polo interventor municipal”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184