NIGRÁN
Un cento de maiores participa na excursión do Concello de Nigrán a Pontevedra
Os asistentes visitaron a sede da Deputación, percorreron o casco vello da cidade e desfrutaron dunha comida-baile en Redondela.
![[Img #40544]](upload/img/periodico/img_40544.jpg)
Un cento de maiores participaban esta semana na excursión a Pontevedra organizada polo Concello de Nigrán dentro do seu programa de turismo social destinado á veciñanza da terceira idade. Oa asistentes saíron en autobús ás 9:00 horas dende o Concello para primeiro visitar á sede da Deputación de Pontevedra e posteriormente percorrer o casco vello desta cidade nunha ruta guiada, trasladándose a continuación á Redondela para unha comida-baile no Restaurante Casas.
O Goberno local de Nigrán entende que viaxar "non só serve para descubrir lugares novos, senón que apórtanos moítisimos beneficios especialmente útiles para as persoas maiores, como a mellora do ánimo, aumento da creatividade, mellora da capacidade de resolver problemas, estimulación da actividade cerebral e reconstituínte da memoria e da atención".
Nese sentido, o alcalde de Nigrán, Juan González, deixa clara a súa aposta por este programa, "porque a todos estes beneficios hai que engadir que se socializarán e, en definitiva, faraos sentir máis felices e vitais”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.21