Martes, 20 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 22 de Abril de 2018 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Medra o número de galegas e galegos que regresan a súa terra

O sur da provincia de Pontevedra é unha das rexións chave para asegurar o éxito da Estratexia Retorna 2020

[Img #40561]

 

Según datos aportados pola Xunta de Galicia as comarcas de Vigo, Paradanta, O Baixo Miño e O Condado, acolleron só en 2016 o regreso de 835 galegas e galegos desplazados ao estranxeiro, así o sur da provincia de Pontevedra aportou máis do 16% do total de galegos que regresaron a Galicia, que alcanzaron os 5.125, a cifra máis alta dos últimos anos. Só á comarca de Vigo regresaron e 643 galegos, o 12,5% do total. Trátase dunha cifra significativa para o obxectivo que se marcou a Xunta de Galicia para os vindeiros tres anos, que aspira a facilitar o regreso á comunidade a 20.000 galegos residentes no exterior.

 

 

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, sinalou o papel chave que o sur da provincia de Vigo ten para a Estratexia Retorna 2020, que vén de ser aprobada polo Consello da Xunta a semana pasada. O documento, que consta de máis de medio cento de medidas respaldadas por todos os departamentos do Goberno galego.

 

 

 

O responsable autonómico ofreceu estes datos durante a visita que realizou ao negocio lanzado polo beneficiario dunha das medidas que xa están activas, as Axudas ao Retornado Emprendedor, do que se beneficiaron desde a súa posta en marcha 87 proxectos. Esteban González regresou de Estados Unidos para poñer en marcha un negocio de venda de motos eléctricas na cidade olívica, que conta na actualidade con 24.760 vigueses residindo no estranxeiro. Trala capital comarcal, os concellos da zona con máis tradición emigrante son Redondela, O Porriño e Gondomar. Entre os tres suman máis de 8.900 inscritos residindo no estranxeiro.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.