Miércoles, 21 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Martes, 24 de Abril de 2018 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Pontellas figura na lista negra de parroquias con máis actividade incendiaria de Galicia

[Img #40564]

 

A Concellería de Medio Rural vén de determinar  as parroquias cunha alta actividade incendiaria en Galicia (PAAI) e Pontellas, no Porriño,  figura entre as catro galegas na que máis actividade  incendiarioa produce. Así entre os anos 2013 e 2017 contabilizáronse 66 lumes nesta área.

 

Na provincia de Pontevedra son 15 parroquias distribuídas en 12  concellos as que concentran a actividade incendiaria mais preocupante. Trátase de Dozón  , Arbo, A Cañiza, As Neves, Ponteareas, O Porriño, Salceda, Soutomaior, Tomiño, Vigo, Caldas de Reis e Poio.

 

O feito de que unha parroquia figure nesta lista negra débese a que rexistrasen unha media anual de sete ou máis lumes no últimos cinco anos, ou ben a que dous ou máis lumes arrasasen con 200 hectáreas cada un como mínimo, nos últimos dous anos.

 

Normativa

A lexislación vixente da Xunta de Galicia establece que ao redor de núcleos de poboación e vivendas illadas deberá crearse unha franxa de protección dun mínimo de 50 metros, que terá que estar limpa de maleza antes do 30 de maio de cada ano e libre de piñeiros, eucaliptos e acacias. Si permite a existencia frondosas (castiñeiros, cerdeiras, …), sempre cunha adecuada separación entre as árbores e unha densidade inferior a 200 exemplares  por cada hectárea plantada.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.