GALICIA
A nova Lei de espectáculos fixa entre os seus principais obxectivos garantir a seguridade das persoas e os dereitos dos consumidores
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, inaugurou na AGASP unha xornada de presentación desta normativa.
![[Img #40582]](upload/img/periodico/img_40582.jpg)
A nova Lei de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia fixa entre os seus principais obxectivos garantir a seguridade da persoas e salvagardar os dereitos dos consumidores, ao tempo que protexe tamén o dereito ás actividades de lecer.
Así o explicou hoxe o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, na inauguración na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) dunha xornada para abordar os aspectos xerais desta normativa, así como o seu réxime sancionador e outras cuestións de aplicación práctica.
O texto -que se publicou no DOG o pasado mes de xaneiro e entrará en vigor en xullo- elaborouse tendo en conta as achegas e suxestións de concellos e outros actores implicados, co obxectivo de acadar o máximo consenso.
Regula e sanciona aspectos fundamentais como a revenda de entradas ou a superación do aforo
A Lei, a primeira norma autonómica con rango legal en materia de espectáculos, recolle unha regulación actualizada e global que fai fincapé en garantir a seguridade das persoas e, moi especialmente, dos menores a través de medidas como a prevención do consumo de bebidas alcohólicas.
Entre outras propostas en materia de seguridade, tamén regula o servizo de control de acceso, que deberá contar con persoal habilitado; sanciona de xeito contundente a superación do aforo dun local cando comporta risco grave para as persoas; e fixa a necesidade de que os concellos conten cun Plan de inspección de espectáculos públicos.
Ademais, tamén regula outros aspectos relevantes do sector como a prohibición da revenda de entradas; ou a regulación do dereito de admisión para evitar calquera tipo de discriminación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22