VIGO
Chelo Loureiro, mención honorífica da sétima edición do Primavera do Cine
A organización do festival entregaralle a mención honorífica na gala inaugural, que terá lugar o 9 de maio ás 19.30 no Auditorio do Concello de Vigo.
![[Img #40597]](upload/img/periodico/img_40597.jpg)
O Primavera do Cine en Vigo, que celebra a súa sétima edición do 8 o 13 de maio, concederá a mención honorífica a unha das produtoras máis prestixiosas do noso país: Chelo Loureiro. O acto de entrega terá lugar na gala inaugural do certame, o 9 de maio no Auditorio do Concello de Vigo ás 19.30.
Ademais de pola súa prolífica carreira, Juan de Castro, director do certame quere “destacar o seu rol coma profesional de gran experiencia, a súa loita feminista desde a CIMA e terse convertido na gran dama da animación galega ó teren defendido desde sempre o seu recoñecemento coma un xeito máis de facer cine, equiparando o seu valor ó resto de producións”. Tamén se quere premiar o apoio que ofrece ós novos creadores galegos e o seu constante empeño por evitar a fuga de artistas a outros países.
Chelo Loureiro conta con numerosos premios concedidos polas obras cinematográficas que produce como o Goya á mellor curta de animación por Decorado, de Alberto Vázquez, unha fábula existencialista onde os protagonistas, animais antropomorfos, cavilan sobre o destino e a existencia humana e que recentemente foi premiada co Quirino 2018 de Animación Iberoamericana.
A produtora tamén está detrás de The Neverending Wall, de Silvia Carpizo, cinta que se poderá ver nesta nova edición do festival e que, a través dun percorrido pola East Side Gallery de Berlín,
postúlase a favor da creatividade e da arte e fai unha crítica contra a censura e contra a destrución da memoria histórica desta gran galería ó aire libre. A obra foi galardoada no Festival Iranian Youth Cinema Society (IYCS), conseguiu o premio á mellor curta de animación do Tehran International Short Film Festival e fíxose coa mención especial do xurado na Muestra Iberoamericana de Animación, ademais de lograr tamén un Mestre Mateo.
A produtora Chelo Loureiro será homenaxeada no Primavera do Cine pola súa traxectoria profesional, pola súa loita constante na visibilización das mulleres no eido audiovisual, o seu apoio ós novos talentos e por buscar que o cine de animación alcance o recoñecemento que merece
Son varios os galardóns que obtivo no premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual ó longo dos últimos anos. En 2017 gañou o premio á mellor curtametraxe de animación con Decorado. No 2013 acadou o mesmo premio grazas a O xigante, de Luis da Matta e Julio Vanzeler, unha emocionante visión do que supón crecer. Con La flor más grande del mundo, de Juan Pablo Etcheverry, unha cinta baseada nun conto de José Saramago, gañou a distinción á mellor curtametraxe en 2007. E en 2006, da man do gran Miguelanxo Prado e De profundis acadou os premios a mellor película e mellor banda sonora.
Mentres espera a estrea da curta animada Patchwork, que retrata a experiencia dun transplante de fígado, de María Manero, actualmente Chelo Loureiro está a producir a curtametraxe de David Fidalgo Homomaquia, e a longametraxe de Alberto Vázquez: Unicorn Wars e nunha fase de desenvolvemento, as longametraxes de Isabel Herguera: O soño da sultana, e das irmás Sonia e Miriam Albert-Sobrino (as AlsoSisters), Melita.
Así mesmo, quérese recoñecer a súa loita pola visibilización das mulleres no eido audiovisual, unha labor que leva a cabo dende a súa posición de delegada para Galicia de CIMA (Asociación de Mujeres Cineastas).
En definitiva, a mención honorífica concedida pola organización do Primavera do Cine recaerá este ano nunhas mans comprometidas, reivindicativas e que tanto aportaron a animación, un cine no que tanto Galicia como Portugal son punteiros e que, sen dúbida, hai que seguir apoiando.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217