MOS
Mos recoñece o labor da ciclista Susana Alonso, novamente Campiona de España
A de Petelos gañou o sábado pasado en Huelva o Campionato de España de Ultramaratón 2018.
Onte celebrouse unha recepción á ciclista mosense Susana Alonso Carballo, que ven de acadar o título de Campiona de España de Ultramaratón. O acto tivo lugar no Salón de Sesións do Concello de Mos ás 19.00 horas e nel estiveron presentes Susana Alonso, dúas veces Campiona de España en Maratón XCM e Campiona de España 2018 en Ultramaratón XCUM, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro de Deportes de Mos, Baldomero Lorenzo e demais membros da Corporación Municipal mosense.
A ciclista mosense da parroquia de Petelos e de 38 anos, Susana Alonso, cumpre a súa sexta tempada o equipo estremeño Extremadura Ecopilas MTB e consegue o seu segundo Campionato de España e primeiro en Ultramaratón (XCUM). O primeiro campionato (en maratón, XCM) conseguiuno en Paterna del Campo en 2015.
Alonso erixiuse Campiona de España de Ultramaratón o pasado sábado, 14 de abril, na Huelva Extrema 2018, tras 200 quilómetros de esforzo. Da carreira do pasado día 14, a de Petelos destacaba “o calor da afección e a incrible a cantidade de persoas entre o público animando en todas e cada unhas das poboacións polas que pasamos”, comentaba Susana.
Alonso chegaba á localidade de Mazagón o sábado cun tempo de 9 horas e 26 minutos, con algo máis de 9 minutos de vantaxe sobre a gaditana María Díaz Pernía, segunda clasificada, e de Mónica Restrepo, terceira. E tras a súa estrea ao grande nesta especialidade do BTT de competición quizais se atreva con retos a outro niveis internacionais pero “cando me recupere do palizón que levo no corpo e poida preparar ben eses obxectivos”. Así llo comentaba a propia Susana aos corporativos municipais esta tarde na Casa Consistorial, xa que o esforzo da ciclista mosense é dobremente meritorio ao compaxinar o deporte de alta competición coa súa vida profesional e ter que ir a traballar o luns pola mañá tras unha fin de semana de 200 quilómetros de bicicleta ás súas costas e unha nova medalla de ouro no palmarés.
Neste sentido a rexedora local, Nidia Arévalo, e o edil mosense de Deportes, Baldomero Lorenzo, eloxiaron “a capacidade de superación de Susana, unha deportista incansable que nunca deixa de sorprendernos e que é unha honra ter entre a veciñanza do Concello de Mos”. “Susana Alonso é un verdadeiro exemplo en valores deportivos e vitais para a mocidade mosense e un orgullo en xeral para a poboación do municipio que pode presumir de ter unha veciña tres veces campiona de España”, salientaron Arévalo e Lorenzo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149