Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 20 de Abril de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

Mos continúa a esixir a reanudación das obras da A-55 mentres Fomento evita dar unha data concreta do reinicio dos traballos

O Ministerio aportaba onte en nota de prensa que está a traballar para realizar á maior brevedado posible os trámites administrativos necesarios para darlle continuidade á mellora da seguridade vial na Autovía.

[Img #40613]

 

Varios centos de persoas entre particulares, veciños e veciñas de Mos e doutros municipios, xunto con representantes de entidades, organismos e asociacións de Mos e de fóra de Mos, encabezados pola Corporación Municipal mosense e pola súa alcaldesa, Nidia Arévalo; acudiron esta tarde a manifestarse facendo unha camiñata a pé dende A Rans ata a Praza do Concello.


Arévalo agradeceulles a todos os presentes “o esforzo realizado por estar aquí unha tarde de venres máis para apoiar ao Concello na defensa dos dereitos e dos intereses de Mos, da Área Metropolitana, e de tódolos condutores e condutoras que transitan pola A-55”.


Nesta nova mobilización volveuse esixir á Dirección Xeral de Estradas do Estado a reanudación das obras de mellora da seguridade vial na A-55.


A comitiva, partiu dende A Rans, na parroquia de Tameiga, (zona da Curuxeira) ás 20.00 horas ata chegar ao acceso a San Eleuterio, unha das zonas afectadas pola paralización das obras, e continuou pola vía de servizo da autovía ata chegar ao Concello.

 

 

 

 

Ante a falta de concreción o Concello anuncia que irá informando das novas mobilizacións

 

 

 


A acción congregou a parte da veciñanza e asociacións mosenses, así coma a particulares usuarios da A-55 e todo tipo de entidades afectadas.


Arévalo, rexedora local mosense, comunicou aos presentes todas as xestións que dende a Alcaldía do Concello de Mos se están a levar a cabo e que son complementarias ás manifestacións organizadas para tentar resolver a problemática canto antes.


Nidia Arévalo destacou así mesmo “a unión que estamos a ter todos os grupos políticos da Corporación nesta causa común que non é outra que defender os intereses e os dereitos dos veciños e veciñas de Mos e a seguridade dos miles de conductores que a diario transitan pola autovía”.


A alcaldesa lamentou públicamente que na nota de prensa remitida onte polo Ministerio de Fomento aos medios de comunicación “siga sen darse unha data concreta da reanudación dos traballos e, mentres isto continúe a ser así, o Concello de Mos manterá as súas accións reivindicativas”. Anunciou así mesmo que “se irá informando das vindeiras mobilizacións que se organicen dende a administración local a tal fin”.

 

No seu comunicado de onte Fomento manifestaba literalmente que “o Ministerio realizará a la mayor brevedad posible los trámites administrativos restantes que permitan la continuidad de los trabajos y retomar las obras. Dentro de las obras de adecuación y mejora de la seguridad vial de la autovía A-55 entre Vigo y O Porriño ha sido necesario hacer ajustes al proyecto por causas ligadas a la aparición de nuevos servicios afectados y a efectos de evitar nuevas afecciones a bienes y derechos”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.