Viernes, 23 de Enero de 2026

Xornal21
Sábado, 21 de Abril de 2018 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Pleno Infantil aproba o borrador de regulamento do Consello Municipal da Infancia

A vila da un paso máis cara ao recoñecemento do Porriño, por parte de Unicef, coma ‘Cidade Amiga da Infancia’

[Img #40609]

 

Nenos e nenas do Porriño, integrantes do Consello Municipal de Infancia, participaron nun novo Pleno Infantil que tivo lugar esta mesma semana no Concello.


A orde do día incluía a aprobación dun borrador de regulamento para este  Consello Municipal de Infancia, e o debate e aprobación de propostas relativas a Infraestruturas e Medio ambiente.


A alcaldesa, Eva García de la Torre, tivo a oportunidade de presidir un pleno moi animado, no que a concelleira de Educación, Lourdes Moure, actuou como secretaria, durante o cal cada un das voceiras e voceiros dos centros expuxo o resultado do traballo feito nos “obradoiros de participación”, convocados durante as últimas semanas nas súas aulas.


Entre as decisións adoptadas cabe subliñar a aprobación por unanimidade da realización dun “Pinchorriño infantil” con produtos saudables que terá lugar no vindeiro mes de setembro, coincidindo coas festas locais.


O Pleno Infantil, que foi retransmitida en directo pola web municipal, oporrino.org, contribúe a consolidar o Consello Municipal de infancia, como un órgano de participación infantil e adolescente, de carácter consultivo e informativo, que representa ao conxunto das rapazas e rapaces do Porriño.


Esta iniciativa forma parte da candidatura do Porriño para o seu recoñecemento coma por parte de UNICEF coma Cidade Amiga da Infancia e, coma salientou a alcaldesa, “contribúe a facer un concello mais transparente, próximo e sobre todo, coñecedor das opinións, intereses e necesidades dos veciños e veciñas mais novos”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.156

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.