Miércoles, 21 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Martes, 24 de Abril de 2018 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Vías e Obras estima en 120.000€ anuais o aforro no recibo da luz coas novas luminarias

As medidas impulsadas pola Concellería de Vías e Obras para a mellora do alumeado e o cambio das caldeiras “aforran 120.000€ anuais no recibo da luz e reducen en 220 toneladas as emisións de c02 á atmosfera” segundo informan nun comunicado.

[Img #40623]

 

deixarán de respirar as veciñas e veciños logo das iniciativas postas en marcha pola Concellería de Vías e Obras” aseguran, que abranguen dende “a renovación das instalacións do alumeado público, a substitución de preto de 500 novas luminarias led, o cambio de caldeiras por outras tipo de ‘pallets’ ou a eliminación de parte dos coñecidos como ‘puntos de tantos alzados’ por modernos contadores que permiten a facturación real e que se pague pola enerxía consumida en realidade”.

 

O tenente de alcalde, Manuel Carrera, apunta que o proxecto de renovación do alumeado, “que iniciamos hai tres anos”, aínda non está rematado en  nos vindeiros meses completarase no PPI6 e PPI7, e coa inversión de 1 millón de euros, cantidade solicitada ao Instituto para a Diversificación e Aforro de la Enerxía (IDAE) para rematar, “logo de 30 anos”, coa eliminación de todos os ‘tantos alzados’, a “legalización total” de todos os puntos de subministro e a extensión das luminarias tipo led a todas as parroquias do concello.

 

Ata hoxe, subliña Manuel Carrera, colocáronse, en total, 467 luminarias novas de 30 e de 60W, delas 96 en Torneiros, 176 en Budiño, 84 en Mosende, e 111 en Pontellas, a elas hai que engadir as preto de 400 nos polígonos industriais.

 

Estes novos focos teñen unha vida útil, media, de 60.000 horas, un custo mínimo en mantemento, ofrecen un alumeado de 110 lumens por watt, “mantendo os niveis de luminosidade nesta zona tan transitada”, reducen o consumo de máis de 220.000 Kilowatios/Hora a 82.000 e, “e isto é o máis importante: reducen en máis de 80 toneladas as emisións de CO2 á atmosfera”.

 

Novas caldeiras de biomasa

 

O aforro e a redución da contaminación complétanse coa posta en funcionamento das novas caldeiras de biomasa instaladas polo Goberno local en 11 dependencias da vila, entre elas o propio Concello ou o Pavillón Municipal do Deporte-como tivo ocasión de comprobar hai xa un ano o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, quen felicitara ao Concello por esta iniciativa-.

 

As novas caldeiras, indica Manuel Carrera, “están a aforrarnos preto de 20.000€ anuais no recibo de enerxía e teñen evitado xa, en este ano, a emisión de 142 toneladas de CO2 ao aire”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.