A GUARDA
O Museo do Pobo Galego acolle a exposición do pioneiro fotógrafo guardés «Costiña»
![[Img #40633]](upload/img/periodico/img_40633.jpg)
O Museo do Pobo Galego, en colaboración co Proxecto Socheo e o Concello da Guarda, inaugurou esta semanaa exposición «Os camiños da imaxe. Arquivo de Joaquín García Portela ‘Costiña’», na que se expoñen as fotografías e os filmes deste pioneiro fotógrafo e cineasta guardés.
Ao acto de apertura asistiron o alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba; a concelleira de Cultura, María Elena Baz; as netas de «Costiña», Celia e Joaquina Martínez García, e o presidente do museo, Justo Beramendi, amais doutro medio centenar de persoas vinculadas á cultura galega e ó museo.
O Proxecto Socheo para a recuperación da memoria visual da Guarda e o Baixo Miño foi o encargado do traballo de investigación e recuperación dos arquivos, datados dos anos 20 e cedidos pola familia do autor. Co apoio do Concello da Guarda, estes materiais mostráronse primeiramente nesta vila (2016), nunha exposición da que agora podemos gozar en Santiago de Compostela.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22